Benvido(a) á Galipedia, Pablorecuna!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 19 de agosto de 2016 ás 10:28 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Pablorecuna. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 19 de agosto de 2016 ás 10:28 (UTC)Responder

RE:Páxina de Riobó editar

Ola Pablorecuna,

Para a cuestión das ligazóns externas retiradas, tes máis información en Wikipedia:O que a Wikipedia non é:

A Wikipedia non é un espello ou un repositorio dixital de ligazóns e imaxes. Os artigos da Wikipedia non son: Meras coleccións de ligazóns externas ou directorios da internet. Non hai nada malo en engadir unha ou máis ligazóns con contidos útiles e que completan a información dun artigo; porén, un exceso de ligazóns en forma de listas pode desviar a Wikipedia do seu propósito. Nos artigos sobre temas que posúen moitas páxinas web de afeccionados, por exemplo, abonda con incluír unha ligazón externa cara ao principal ou máis importante.

Para a cuestión da necesidade de referencias, tes máis información en Wikipedia:Verificabilidade:

A verificabilidade na Wikipedia significa que o lector teña a posibilidade de consultar fontes citadas que apoien directamente a información contida no artigo. Toda a información presente na Wikipedia debe ser verificable, pero que algo sexa verificable non basta para incluílo na enciclopedia.

...

Os artigos deben basearse en fontes fiables, de terceiros e publicadas, cunha reputación para a comprobación dos feitos e a exactitude. As fontes deben ser materiais publicados (que estean dispoñibles para o público dalgún xeito); os materiais non publicados non se consideran fiables.

...

O máis importante desta política Os artigos só terán material publicado por fontes acreditadas. Os editores que engadan material a un artigo deben citar unha fonte acreditada, ou este contido engadido poderá ser borrado por outro editor.

A obriga de prover fontes acreditadas recae sobre os editores que engaden o material, non sobre aqueles que desexan quitalo.

Banjo tell me 19 de agosto de 2016 ás 11:10 (UTC)Responder

Ola de novo. As referencias son a base da verificabilidade para a Wikipedia. Non é o que pida eu, é o principio da propia Wikipedia. No caso das que engadiches quedan agora formateadas na sección de ligazóns externas, xa que o artigo é moi curto e polo tanto non é totalmente necesario indicalas en forma de citas ao pé. Os outros artigos que comentas probablemente tamén necesiten referencias, pero probablemente aínda non foron revisados e por iso nin teñen ditas referencias nin teñan indicacións ó respecto, algo que cambiará progresivamente segundo os usuarios voluntarios vaian revisando ditos artigos. Banjo tell me 19 de agosto de 2016 ás 11:56 (UTC)Responder