Benvido(a) á Galipedia, Pablo pousa carrera!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. AlberteSi, digame? 13:31, 24 xuño 2008 (UTC)

Ola Pablo, grazas por colaborares! Recoméndoche que leas Wikipedia:Axuda, onde atoparás como facer mellor os artigos, engadir ligazóns internas, categorizar, etcétera. Ademais cómpre que os artigos creados estean explicados dun xeito máis sinxelo, e sempre é preferible que veñan acompañados de referencias, que ilustren os feitos. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 15:43, 24 xuño 2008

Non entendo moi ben o que queres dicir, pero as ligazóns internas fanse poñendo o tecto que queres ligar entre [[aquí vai o texto]]. Supoño que era iso. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:37, 25 xuño 2008 (UTC)

"Cómpre referencia" editar

Pablo, cando no artigo A Avenida de Ordóñez, Goián, Tomiño‎ puxeron a marca "compre referencia": opinións persoais e disques, como cando dis que: "Esta avenida prometéralla o Diputado a Cortes Ezequiel Ordoñez González, ó párroco se o seu partido gañaba as eleccións, cousa que sucedeu". ¿Podes darnos unha referencia publicada e contrastable desta afirmación? Iso sería a resposta correcta á marca "cómpre referencias". Un saúdo, Pedro -- Na historia de Goián, de D. Manuel Fernández Rodríguez publicada pola Xunta de Galicia, na páxina 65 dice: "en los últimos años del siglo XIX se construyó la nueva carretera de Rendodela a A Guarda, que sutituyó al viejo camino real, de probable origen romano y a principios del XX fue construida la qué, partiendo del Km. 44 Hm. 4, conduce al muelle de la Barca en el río Miño, atravesando la parroquia e O. a E. La segunda a la que se dió el nombre de avenida Ordoñez se convertiría en el eje de la vida local (129) en este apendice debido a pegarenseme as páginas con a umidade so se pode ler: "concedida por D. Ezequiel Ordoñez, di..del parroco de Goián D. Manuel Estévez Ramos etc. ç pablo pousa Lameiro (conversa) 18:59, 25 xuño 2008 (UTC)


  • Pablo, unha das condicións da Galipedia é que a información que recollen os distintos artigos debe poder ser verificada por calquera lector. A Galipedia non é unha fonte primaria significa que esa información ha de estar publicada para poder ser comprobada. Se esa información procede dunha carta orixinal que ti tes, ninguén máis o pode verificar. Enténdeme: non se nega a veracidade do que dis, senón que a fonte da que o tomas non é verificable. Por ese motivo, esa información debe ser eliminada.
  • En relación ó lío de pesetas e euros, o que quería dicirche era o significado, a intención do marcador "compre referencia". E seguimos sen saber onde se di que tal obra tivese tal orzamento. Convertilo en euros daquela (4.500) ou de hoxe (75 ou 80 millóns de euros) éche outra historia máis complicada. A primeira cifra non nos di nada sobre a importancia da obra; a segunda, de ser certa esa revalorización que dá 80 millóns de euros actuais, si que sería significativa. Pero iso é meterse nun berenjenal de mucho cuidado que nin siquera sei se sería posible (facer esa conversión).
  • As respostas que queiras dar non as engadas na túa páxina de usuario senón na páxina de conversa do usuario a quen che dirixas. Así este saberá que ten unha mensaxe e a túa resposta terá garantías de ser lida por el.
  • Remato pedíndoche un repaso ó artigo, para que corrixas erros e elimines afirmacións non verificables. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 23:31, 30 xuño 2008 (UTC)

Páxina de probas editar

Ola, Pablo. Vin todo o que escribiches na páxina de probas. A páxina de probas (e a súa conversa) bórranse frecuentemente, precisamente para que a xente poida facer probas. Se cres que algo do que aí escribiches é usable para outros artigos, deberías movelo para o seu sitio, antes de que desapareza. Pero ten en conta que a wikipedia ten uns criterios de estilo, de estrutura, que hai que meterlle ligazóns aos artigos, etc. Podes botarlle un ollo a Wikipedia:Como editar unha páxina. E podes facerme as preguntas que queiras, a min ou a outros usuarios da wikipedia. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 19:29, 7 xullo 2008 (UTC)