Benvido(a) á Galipedia, Oscar36202!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Mudanza nun modelo editar

Benvido á Galipedia, Oscar.

Mudaches o modelo:Universidade. A mudanza afecta a tódolos artigos que empregan ese modelo.

Podes encargarte de adaptalos?

Graciñas, un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 18:53, 18 de agosto de 2011 (UTC)

Ben, son novo e non sei como facelo :-S. Podes botarme unha man?

Si, claro.
Primeiramente para contestar a un usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, non na túa.
Con respecto ao modelo. A túa primeira edición estaba ben tecnicamente. Eu referíame a que logo diso adaptaras, cada un dos artigos das universidades que temos, as necesidades do modelo que mudaras. É dicir, que buscaras os datos de tódalas outras universidades e os puxeras no novo campo que ti crearas.
Como viches, temos uns oito artigos de universidades ós que lle afecta o modelo que mudaches. Consistiría en obter a cifra de profesores, de fontes acreditadas, é chantalo nos artigos. Non sei se me expliquei ben.--. HombreDHojalata.conversa 19:24, 18 de agosto de 2011 (UTC)
Ten en conta que, se precisas empregala, temos unha Zona de probas--. HombreDHojalata.conversa 19:27, 18 de agosto de 2011 (UTC)
Como vexas. Anímote a que sigas a colaborar co que che apeteza--. HombreDHojalata.conversa 19:34, 18 de agosto de 2011 (UTC)