Benvido(a) á Galipedia, Naalma78!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 19 de febreiro de 2016 ás 19:27 (UTC)Responder

Data de nacemento editar

Boa Naalma, vin que engadiches unha data de nacemento no artigo Lourenzo Fernández Prieto, se coñeces a información seguro que che será moi doado engadirlle unha referencia para que todos os lectores poidan consultala en caso de precisalo. A información que se achega nos artigos, para que sexa realmente útil, debe ter referencias, tes máis información sobre o tema en Wikipedia:Verificabilidade. Se precisas axuda para poñer as referencias non dubides en contactar comigo e botareiche unha man co que sexa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de maio de 2016 ás 09:19 (UTC)Responder

Vasme desculpar, Elisardojm, pero aínda non me aclaro moi ben con isto da Galipedia. A data saqueina do perfil de Facebook do propio Lourenzo Fernández Prieto. Grazas e un saúdo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Naalma78 (conversacontribucións) 27 de maio de 2016 ás 09:32‎
Non te preocupes que é cousa ben sinxela, o que tes que facer é poñer o seguinte código no artigo (ollo, sen as comiñas): "<ref>[http://dirección_da_páxina_web Título da páxina web]</ref>". E pregunta o que queiras que aquí estamos todos para axudar :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de maio de 2016 ás 11:57 (UTC)Responder