Benvido(a) á Galipedia, LgL 4ºESO IES David Buján!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Cando comezades un artigo e o tedes incompleto e ides continuar con el tedes que pór ó seu comezo un marcador conforme ides traballar nel (así se evita que a xente o marque para borrar, como sucedeu). Isto faise poñendo isto: {{enuso}}. Un saúdo. AlberteSi, digame? 00:50, 15 marzo 2008 (UTC)

Correa Corredoira editar

O mellor nome para o artigo é o que xa tedes, coido eu. No artigo da Rosa dos ventos o enlace Correa Corredoira pódese redireccionar ó teu artigo. Para facelo abres a páxina de Correa Corredoira (é dicir, premes no enlace vermello) e logo debaixo dos botóns de gardar a páxina e Mostrar vista previa atoparás unha serie de símbolos, un deles é #REDIRECT [[]]. Pois premes nel e entre os corchetes pos o nome do teu artigo, Xabier Correa Corredoira e gardas a páxina. Redirección feita. Se tes algunha dúbida non quedes sen preguntar. Un saúdo. AlberteSi, digame? 11:13, 17 marzo 2008 (UTC)

  • Olá, e benvidos. Perdoade que non vos respostase antes ao voso correo, pero estiven de vacacións. Como vos di Albert galiza, o mellor é crear a páxina Correa Corredoira como unha redirección a Xabier Correa Corredoira. Así non importa o que escribamos porque nos dous casos iremos á mesma páxina, que é a que creastes vós. --Xosé (✉) 22:12, 19 marzo 2008 (UTC)

Ola de novo. Fixen a proba de pór Correa Corredoira na caixa de busca, e aparéceme unha páxina que di: Non existe ningún artigo co título "Correa Corredoira". Logo explica os motivos e máis abaixo aparecen 5 resultados, o primeiro deles é o artigo Xabier Correa Corredoira. O caso é que o buscador da Wikipedia non é tan bo coma o Google, e hai que poñer o nome do artigo completo para que apareza a páxina directamente. Se queredes que a páxina apareza directamente poñendo tan só Correa Corredoira no pesquisador tedes que crear unha redirección, que se fai como vos expliquei máis arriba. Ah, o de entrar como susario rexistrado ou non, non ten nada que ver para os resultados que aparecen trala pescuda. Un saúdo. Agardo terme explicado algo ben. AlberteSi, digame? 14:22, 31 marzo 2008 (UTC)