Laura Blanco Areán
Benvido(a) á Galipedia, Laura Blanco Areán!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 15 de xaneiro de 2014 ás 23:36 (UTC)
Artigo en uso e con posible nome incorrecto
editarBoas Laura. Mira, resulta que atopamos o artigo ¿Qué es filosofía? que creaches ti e que non ten contido, tan só o marcador En uso. O que quería saber é se o artigo é sobre algún libro con ese título ou algo así, xa que está en castelán, de non ser este o caso haberá que borralo e o mellor sería que comezaras outro artigo cun nome correcto. O artigo filosofía xa existe na Galipedia pero podes amplialo e corrixir todo o que vexas, sempre tentando achegar as debidas referencias claro está.
Se precisas calquera aclaración ou axuda sobre a Galipedia non dubides en poñerte en contacto comigo na miña páxina de conversa ou na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2014 ás 17:49 (UTC)
- Ola de novo. Xa me explicou Xas que o artigo é sobre o libro de Ortega y Gasset, xa está aclarado entón. Que teñas un bo traballo e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2014 ás 23:52 (UTC)