Benvido(a) á Galipedia, Latingregopoio!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Banjo tell me 16:32, 19 febreiro 2009 (UTC)

Horacio editar

Ola, ¿tes algún problema coas datas de nacemento e morte de Horacio? Pedro --Lameiro (conversa) 21:02, 20 febreiro 2009 (UTC)

  • Se se trata dun criterio estético déixasme sen argumentos, Carmen. Na Galipedia é habitual engadir os datos biográficos das persoas que se mencionan nos artigos, datos que xa constan no artigo do personaxe, naturalmente. Tamén se fai así nas enciclopedias ó uso. Pero bueno, o certo é que o dato non enriquece sensiblemente o artigo. Por min, de acordo, xa que logo, pero non esquezas que este é un proxecto colaborativo, no que todos podemos -e debemos, se a engádega mellora o artigo- achegar novas informacións e muda-la redacción do primeiro usuario. Os artigos non son do autor, senón da comunidade. Moi ben, grazas polas túas contribucións e a seguir buceando nas locucións latinas e outros tópicos. Saúdos e aquí tes un amigo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:41, 21 febreiro 2009 (UTC)

Grazas por subir imaxes. Así a todo, hai un problema coas seguintes

As imaxes Ficheiro:3292536739 52449e80fb s.jpg e Ficheiro:BEATUS ILLE.jpg atentan contra os dereitos de autor posto que foron encontradas en Flickr e teñen tódolos dereitos reservados. Por mor diso, foron marcadas para seren borradas o máis inmediatamente posible.

Moitas das imaxes de Flickr poden subirse á Commons ou á Galipedia (tódalas imaxes da Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial).

Nesta páxina de Flickr telas fotos con licenza Creative Commons de Flikr clasificadas en 6 grupos. Só se poden subir imaxes que permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial (creo que son o 1º e 6º grupo). Se fas click no enlace que hai en cada grupo que pon "See more" podes facer buscas dentro do grupo.

Subilas a Commons

Os datos das fotos do 6º grupo incorpóranse en Commons engadindo a seguinte táboa:

{{Information
|Description= Descrición da foto
|Author= Nome ou alcume do fotógrafo
|Source= enlace á páxina en que está a foto
|Date= Data con que aparece a foto en Flickr
|Permission= Usuario que a subiu (non se pon User:)
}}
{{cc-by-sa-2.0}}
{{Flickrreview}}

As imaxes do 1º grupo poden subirse con esa mesma táboa, pero hai que cambiar a licenza por {{cc-by-2.0}

As imaxes sóbense como unha imaxe normal, pero hai que poñer

  • un título de imaxe expresivo (non o que teñen en Flickr)
  • o enderezo que a foto ten en Flickr como orixe
  • o enderezo da páxina do autor en flickr (accédese premendo nunha ligazón que pon "profile")
  • a licenza {{cc-by-sa-2.0}} (se son do sexto grupo) ou {{cc-by-2.0}} (se son do 1º grupo dos 6 presentes nesta páxina de Flickr).
  • a etiqueta {{FlickrPendente}} para que a imaxe sexa revisada.


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo [A anterior mensaxe escribiuna o usuario:83.59.111.161, ás 19:52 do 23 febreiro 2009, pero esqueceu asinar.]

Beatus ille, Flikr e advertencias editar

Non se merecen, Carmen, a mandar. O caso é que estou sorprendido co que está pasando onte e hoxe con algunhas imaxes subidas desde Flickr e as advertencias que dúas IP, con aparentemente moitos coñecementos sobre as licencias, están facendo ós usuarios que as utilizades. Non entendo nada de nada nin vexo tantos problemas, pero tamén é certo que ese mundo é algo que me supera. Bueno, máis, ¿a que te refires coa túa galería en Flickr? ¿e co feito de non teres que andar monte a través? Supoño que estará relacionado co itinerario que lle expliquei a Estevoaei. Logo de escribirlle vin na web do concello de Poio que queren telo rematado e aberto ó público para este verán. Xa veremos. Por último ¿ese "poio" do teu nick revela algunha relación con Poio? Saúdos e ata outra, Pedro --Lameiro (conversa) 18:53, 24 febreiro 2009 (UTC)

Imaxe en Flickr editar

Ola, Latingregopoio. Desculpa por non che responder antes, pero foi unha tarde e un serán moi atarefados... Todo está amañado xa. Marquei a foto como revisada desde Flickr, completando a túa licenza. A razón de o facer así é porque, se ti máis adiante modificas a licenza da foto en Flickr, débese manter a foto coa mesma licenza que ten agora na Wikipedia. Por iso, cada vez que subas imaxes de Flickr, é ben que lle coloques a etiqueta {{FlickrPendente}}: desta maneira os administradores veremos que está pendente de revisión, e "conxelaremos" a licenza. Isto vale para fotos túas ou doutros usuarios de Flickr, sempre e cando teñan licenzas que permitan obra derivada e aproveitamento económico. E vaia, máis nada. Deséxoche unha feliz estadía na Galipedia, e calquera problema ou dúbida que teñas, pregunta sen medo. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 00:34, 25 febreiro 2009 (UTC)