Jose r32
Benvido(a) á Galipedia, Jose r32!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xabier Cid 23:42, 7 maio 2008 (UTC)
de imaxes e textos
editarola Jose!
na wikipedia non se poden subir imaxes collidas de páxinas web, porque teñen os dereitos reservados. Para poder subir unha imaxe do Verbum deberías atopar unha xa feita no arquivo da Galipedia, ou facer ti mesmo unha e subila.
De calquera xeito o artigo, que está ben, non se manterá moito tempo, porque non se pode copiar o texto dunha páxina web e pegalo. Aínda que se disfrace un pouco, recoñécese como procedente da páxina web do museo.
Sinto desalentarte, pero é así. Anímote a escribir un texto, aínda que sea baseado nese, e redactalo de novo. Co das fotos, dado que aínda non hai ningunha (acabo de ver na Galería de imaxes de Vigo, pero non hai ningunha), anímote a facer unha e subila.
Ánimo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:34, 8 maio 2008 (UTC)
- Ola Jose, como che dixo Estevoaei, borrei o artigo que creaches. É un artigo necesario, pero non se poden incluír contidos (nin imaxes nin textos) que estean suxeitos ao copyright na wikipedia. E os textos que empregaches para crear o artigo estano. Calquera dúbida que teñas, ou se necesitas axuda, podo botarche unha man eu ou calquera dos usuarios da wikipedia. Unha aperta. --Xabier Cid 06:28, 8 maio 2008 (UTC)