Joefg18
Dámosche a benvida á Galipedia, Joefg18!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 28 de abril de 2021 ás 13:53 (UTC)
Contribucións en Susan Solomon
editarOla, grazas polas túas edicións en Susan Solomon. Apoiaches o texto achegado coa referencia correspondente e ademais reutilizaches correctamente esa referencia. Moi ben o uso do modelo cita, bo traballo. Desgraciadamente a url está morta e xa non se pode acceder ao contido desa páxina, polo que haberá que localizar a url correcta ou substituír esta referencia por outra que indique o mesmo contido. Se non se logra recuperar nin substituír, o correcto sería eliminar a información sobre ese premio (que pode ser engadida por outra persoa que si teña unha referencia verificable noutro momento) ou poñer un modelo Cómpre referencia para indicar que esa información está pendente de ser verificada. Para futuras edicións lembra que é recomendable reler as referencias que achegamos no artigo para comprobar, por exemplo, que funcionen correctamente.
Grazas por animarte a colaborar coa Galipedia. Un saúdo.-- Maria zaos (conversa) 3 de maio de 2021 ás 16:55 (UTC)