Benvido(a) á Galipedia, Jesus Culebras!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 21 de novembro de 2017 ás 09:48 (UTC)Responder

Conflito de intereses

editar

Promoción

editar

  Benvido/a á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, non podemos permitir que engadas nos artigos material que faga calquera tipo de promoción. A publicidade, promoción persoal ou o uso da Wikipedia como vehículo para facer propaganda van contra as políticas e non está permitido. Bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. --Chairego apc (conversa) 27 de novembro de 2017 ás 22:56 (UTC)Responder

Conflito de intereses

editar

Boas Jesús. Grazas pola túa preocupación por mellorar o artigo que creaches. Marqueino con ese marcador de atención porque vin que o teu nome de usuario e o do seu home (que aparece no propio artigo) son coincidentes. Supoño que Ángeles é a túa dona. Isto supón un conflito de intereses que dende as políticas oficiais e normas oficiais da Galipedia non se pode tolerar. Recoméndoche botarlle unha ollada a como evitar os conflitos de intereses. Aínda que creases o artigo coa mellor vontade do mundo, prégoche que non edites máis nel e que deixes que outros usuarios o arranxen. Polo momento vou recolocar o marcador de atención que lle puxen antes. Convídote a seguir colaborando noutras áreas que sexan do teu interese. Se tes algunha dúbida pódeste poñer en contacto comigo na miña páxina de conversa ou na doutros usuarios experimentados. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 27 de novembro de 2017 ás 23:23 (UTC)Responder

Posible conflito de intereses

editar

Ola Jesus Culebras. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo. Banjo tell me 6 de decembro de 2017 ás 19:37 (UTC)Responder