Dámosche a benvida á Galipedia, Javier Bermúdez Blanco!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 4 de marzo de 2021 ás 16:52 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Javier Bermúdez Blanco.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 5 de marzo de 2021 ás 22:07 (UTC)Responder

Proxecto pedagóxico e achegas en Susan Solomon editar

Boas! Moitas grazas polas túas contribucións en Susan Solomon. Segundo as estatísticas da páxina, que podes consultar aquí, es a persoa que contribuíu con máis texto nesta entrada, parabéns! Primeiro de todo pedirche desculpas porque comezaches a publicar antes da data de activación do proxecto pedagóxico, e tardamos en marcalo como entrada de proxecto escolar. En conxunto, o teu traballo está moi ben e ti mesmo fuches autocorrixindo cousas segundo avanzabas. Vou aclarar unhas cousiñas para que as poidas ter en conta no futuro.

  • Nesta edición cambiaches "nada" por "nacida". Non se trata dunha errata, ambas son válidas[1][2]. Cando dúas palabras son recollidas polo dicionario da RAG como correctas séguese o criterio da escolla de quen editou primeiro. Pero este non é un deses casos, xa que nas biografías da Galipedia temos a seguinte convención de estilo:
nada/o en [lugar correspondente] o [día en número] de [mes en letra] de [ano en número] e finada /on en [lugar correspondente] o [día en número] de [mes en letra] de [ano en número]

. Ademais as datas e lugares levan unha ligazón interna, como podes ver aquí

  • Nesta outra eliminaches a bibliografía. Creo que este apartado de Wikipedia:Citar as fontes#Referencia_xeral pode aclarar un pouco o tema. Supoño que non te decataches, pero non só borraches a bibliografía, senon a cabeceira de Véxase tamén. Non hai problema, que así houbo máis oportunidades de edición para outras persoas.
  • Para apoiar as afirmacións que redactamos no texto temos que basearnos en fontes, e para indicalas debemos seguir dous pasos: 1. crear a cita en liña co texto co modelo citar 2. Se non existise a sección de notas, creala e inserir a lista de referencias. Aí é onde apareceran con formato os datos que permiten identificar as fontes utilizadas.
  • Aínda que a licenza permite a reutilización de contidos doutras wikis (por exemplo, cando traemos un texto da wikipedia española para traducilo ao galego e ter esa entrada na Galipedia), non permite a autorreferencia. Explícome: os textos doutras wikipedias están redactados en torno a unhas obras ou fontes de información concretas que os apoian. Cando traemos un texto para traducir, por exemplo, o traballoso é precisamente conservar todas as citas que tiña a entrada nesa wiki e asegurarnos que quedan ben na lista de referencias (Notas). Porque os textos sós non valen ao quedar orfos de fontes. Podemos, iso si, navegar por outras wikis e localizar fontes que nos poidan ser útiles para os contidos que desexamos editar, que redactaremos coas nosas palabras. Pero como é responsabilidade nosa que o noso texto estea ben apoiado por fontes, faise necesario ler esas fontes non vaia ser que a cita non se colocase no sitio correcto naquela wiki e esteamos dicindo que a fonte A di Z cando non o di ou di H. Tamén é importante, se copiamos texto doutras wikipedias, indicalo no resumo de edición. Esa redacción que estamos a copiar dende outra wiki é resultado do traballo intelectual de varias persoas e é necesario recoñecerllelo, de igual maneira que nesta wikipedia todas as túas edicións son recoñecidas como traballo teu, dentro de entradas colaborativas nas que hai achegas de varias persoas.

Como podes ver no historial de edicións, houbo moita participación. Eu creo que isto é o bonito, comezar a crear algo e velo medrar coa axuda de todos.Ten en conta no futuro o comentado de traer contidos doutras wikis xa que é necesario para cumprir coa licenza, como che comentou Estevoaei máis arriba. Moitas grazas por animarte a colaborar coa wikipedia. Para calquera dúbida podes escribir na miña páxina de conversa ou, se activaches os trebellos que se indicaban na configuración da conta, deberías ver un [Responder] logo desta mensaxe. Se non, podes premer directamente aquí para enviarme un correo electrónico. Un saúdo

Referencias

Maria zaos (conversa) 17 de abril de 2021 ás 23:00 (UTC)Responder