Istan
Benvido(a) á Galipedia, Istan!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 10:09, 1 de decembro de 2010 (UTC)
Camiño de Santiago editar
Ola, Istan. Vin as túas edicións en Camiño de Santiago, desfeitas logo por Cheluco con bo criterio. Explícoche por que: é convenio aceptado pola comunidade que os blogs non se poden aceptar como referencia válida, non sendo os blogs de persoas coñecidas por seren autoridades nalgunha materia. A ligazón que ti engadías dirixe a un blog no que, parece ser, se recolle un texto publicado con anterioridade nalgunha publicación periódica que agora non lembro. Ninguén pon en cuestión o valor do texto, pero si a fonte da que provén. Non habería problema se introducises a ligazón ó mesmo texto na páxina do xornal no que foi publicado. Adiante e ánimo co traballo, para calquera pregunta fala comigo na miña páxina de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 10:50, 2 de decembro de 2010 (UTC)