Benvido(a) á Galipedia, Iria Martínez Valladares!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 20:52, 14 de outubro de 2012 (UTC)

Páxina de usuario editar

Boas Iria, o texto que puxeches sobre a serie Mentes criminales non debe ir na túa páxina de usuario xa que esa páxina é para que poñas cousas sobre ti, non para facer artigos. Tes máis información sobre as páxinas de usuario en Wikipedia:Páxina de usuario. Xa vin que comezaches a traballar no artigo correcto Criminal Minds, agora deberías amañar tamén a túa páxina de usuario. Se precisas axuda con algo da wiki podes contactar comigo na miña páxina de conversa e tentarei axudarche. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de febreiro de 2013 ás 14:33 (UTC)Responder

Traducións editar

Boas Iria. Vin as túas achegas ó artigo Criminal Minds e polo que parece é unha tradución da versión do artigo na wikipedia en inglés, se é este o caso coméntoche que para manter a licenza das wikis hai que dar a atribución ós seus autores e na Galipedia pode facerse de dúas formas:

  • poñer no resumo de edición cada vez que se engade contido traducido dun artigo doutra wiki un texto indicando a procedencia, por exemplo: "tradución do artigo Criminal Minds da wikipedia en inglés" (isto xa non o podes facer)
  • poñer na conversa do artigo o modelo {{Traducido de}} engadindo a información que precisa (isto é o que debes facer agora)

Outra cousa é que as traducións doutras wikis hai que facelas con xeito, non se pode facer unha tradución literal, sobre todo coas traducións de inglés, sería boa cousa que revisaras o contido que engadiches ó artigo para que teña unha calidade acorde coa da Galipedia.

Que isto non che quite nin unha miga de ánimo para traballar aquí, todo o contrario, anímote a seguir co teu esforzo e se tes calquera dúbida ou precisas axuda con algo déixame un comentario na miña páxina de conversa e axudareiche en todo o que poida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2013 ás 13:57 (UTC)Responder

Moi ben!, xa vin que metiches o modelo na conversa, só faltou un detalliño, poñer o número da revisión, pero xa llo metín eu collendo o número dunha versión do día 14. Agora o que falta é repasar o artigo e amañar os pequenos erros que hai. Se usaches un tradutor automático para facer o artigo tes que saber que eses programas funcionan bastante mal e que os textos que devolven non teñen unha calidade demasiado boa polo que hai que revisalos ben para que o artigo quede correcto. O que che recomendo é que releas o artigo con calma e xa verás como pouco a pouco vas atopando as cousas que non están ben. Nos casos nos que teñas dúbidas podes preguntarme e eu axudareiche coa tradución. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2013 ás 10:35 (UTC)Responder