Benvido(a) á Galipedia, Hipiosa!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. --91.117.150.19 12:16, 19 marzo 2010 (UTC).

Violación de dereitos de autor editar

Amodo Hipiosa, fixeches tres artigos que son copi-pega de textos doutras páxinas, e iso non se pode facer na Galipedia. Olla para aquí. Deberías ler algunha das páxinas de axuda que tes máis arriba antes de seguir a crear artigos novos.

Recoméndoche que leas Wikipedia:Cousas que non se deben facer#Nunca copie na Wikipedia material doutras fontes.

Un saúdo. --HombreDHojalata conversa 18:44, 19 marzo 2010 (UTC).


Firmar nas páxinas de conversa editar

Saudos Hipiosa, non esquezas firmar nas páxinas de conversa de artigos e usuarios, premendo no décimo botón da barra de edición. Con respecto o artigo de Das capital, non na wikipedia non é mellor unha trapallada ou algo mal feito que nada, e menos copiar algo directamente. Anímoches a que cos teus conocimentos reformules esos artigos e se necesitas axuda, aquí andamos. Un saudo.--Carronada 02:49, 20 marzo 2010 (UTC)

Conflito de intereses editar

Ola Hipiosa.

Se es ti Arturo Regueiro, ou tes relación directa con el, ten en conta, por favor o exposto en Wikipedia:Conflito de intereses. Grazas. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 08:35, 21 de abril de 2012 (UTC)