Ola Grixandermor. Benvido á Galipedia.

Supoño que serás ti o dos equipos escoceses (non creo que haxa máis xente dándose de alta a esta hora), se non es ti, perdoa, confundinme.

Partindo de que es ti, só quero facerche unha indicación máis ás que xa che fixen como user:80.24.104.253, debes asinar as mensaxes que deixas a outros usuarios. Enriba da ventá de edición hai 11 botóns, o penúltimo (ten como imaxe unha sinatura) serve para asinar. Se asinas, os demais usuarios saberán a quen dirixirse e poderán responder.

Non te preocupes por non facer as cousas perfectas, a todos nos pasou. Xa vexo que aprendes moi rápido, enseguida estarás ó día. O importante é ir facendo cousas, se hai erros xa se corrixirán. En verdade pódoche asegurar que non coñezo a ninguén que poida facer os artigos que ti estás facendo e si coñezo moita xente que pode corrixilos. Se precisas axuda, tes dúbidas,... fai click (repítoo por se non recibiches a última mensaxe) na palabra wikipedia da miña sinatura, accederás directamente á miña páxina de discusión (claro que pode ser que non estea presente e que tarde horas en responder). Non dubides en contar comigo para o que precises. --Lmbuga Commons - Galipedia 01:30, 21 maio 2006 (UTC).

Vaia susto levei, pensei que non eras ti o user:80.24.104.253, xa comprobei que si, borrara a mensaxe anterior por pensar que non eras ti. Vólvoa escribir agora.

Proximamente recibirás a benvida dalgún administrador. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 01:45, 21 maio 2006 (UTC)


Benvido(a) á Galipedia, Grixandermor!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.


Benvido á Galipedia Grixandermor. Interesante traballo o dos equipos escoceses, Lmbuga sinalouno moi ben na primeira mensaxe ao enderezo IP. Esperamos que coa túa axuda este wiki mellore e que se completen certas zonas pouco traballadas. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:26, 21 maio 2006 (UTC)

  • No que poda axudar podes contar comigo, grazas por unirte a nós. Saúdos. --Prevert(talk) 14:59, 21 maio 2006 (UTC)


Benvido á Galipedia. Alédome de que colabores connosco porque necesitamos xente experta nos divesos campos de coñecemento, e semella que ti o es da Liga escocesa. Espero que poidas colaborar en moitos máis artigos e parabéns polo teu traballo. --Alberte 15:15, 21 maio 2006 (UTC)

  • Xa lle quitou Alberte o aviso, quere dicir que non hai enlaces a outros artigos da Galipedia. Naquelas palabras do artigo nas que se poida apuntar a unha ampliación de información, por exemplo o nome doutro equipo de fútbol, o nome dun xogador suficientemente importante para ter artigo propio, creáse un enlace. Para crear o enlace escríbese o texto entre corchetes [[texto do enlace]]. Cando o enlace apunta a artigo que xa existe estará en azul e se o artigo non existe estará en vermello. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:34, 21 maio 2006 (UTC)
  • O que che comentaba Slade ten que ver co que se chama Punto de Vista Neutral. Quere dicir que na redacción do artigo non poden facerse valoracións de ningún tipo, e debe estar escrito do xeito máis neutro posible. Calquera frase que poida ser interpretada como unha visión persoal debe corrixirse. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:23, 21 maio 2006 (UTC)

Ligazóns internas editar

Tes que botarlle unha ollada a outras páxinas da Galipedia. Verás que teñen moitas ligazóns. As ligazóns fanse (xa sei que sabes facelas, pero é para asegurar que entendemos o mesmo por ligazóns) colocando o texto entre corchetes : [[texto]]. Para facelas podes premer o terceiro botón que hai na barra de edición, o que ten as letras Ab subliñadas. Vou mirar agora o artigo dos Rangers e poño algunha ligazón.

Acabo de ir ó artigo e non vexo que poña iso. No historial desa páxina (Unha vez na páxina fas click na pestana 'historial') verás que eu accedín e indiquei que engadira ligazóns. A páxina dos Rangers ten bastantes. Ti estabas colocando poucas. Non importa que as páxinas ás que remitan as ligazóns non existan, xa se crearán. Espero que che sirva de axuda isto. Apertas--Lmbuga Commons - Galipedia 00:03, 22 maio 2006 (UTC)

Correccións de lingua editar

Benquerido Grixandemor:

Temo que che sente mal que ás veces corrixa a lingua dos teus artigos. Tes un nivel de escrita de lingua galega excelente, pero todos cometemos erros. Eu non o sei todo, tamén os cometo, a pesar de ser profesor de galego, e, se algunha vez escribo algo mal, agradezo que mo indiques, pois quero aprender e face-las cousas ben.

Pode ser que nalgunha corrección me exceda. Se así o consideras, falámolo e xa está, tomamos unha decisión conxunta ou deixo que prime o que ti fixeches, pois ti ficxeches o artigo. Unha certa uniformidade lingüística na Galipedia é importante, pero o realmente importante é que a Galipedia vaia ben e os usuarios que nela participan estean cómodos.

Hai unha corrección que sempre che fago. É a da preposición "para", que ti escribes "pra". Coas normas de 1982 na man, verás que podes escribir "pra"; pero coas últimas, e xa coas anteriores revisións, non podes. Esa forma non se acepta, é un vulgarismo. Unicamente sería empregable en poesía por cuestións métricas.

Pódoche ademais facer un comentario que pouca xente sabe sobre ese termo. As normas de 1982 foron creadas polo ILGA e aprobadas pola Real Academia Galega. O ILGA propuña as formas "pra", "pró" (para + o), "prá" (para + a), "prós" (para + os), "prás" (para + as) e negaba a posibilidade de "para"; e foi a Real Academia Galega os que non as aceptaron facendo que primase xa daquela a forma "para", "para o",... , inda que admitindo como segunda posibilidade as variantes con elisión vocálica e crase.

A min gústame máis, asegúrocho, "pra", e en especial as formas contraídas; pero non as uso publicamente porque creo que fago fraco servizo.

Espero que observes que non quero polemizar. Iso si, podería estar confundido, porque falo de memoria, non teño agora a última revisión das normas a man. Pero, a verdade, neste caso paréceme raro que me confunda.

Lembra que estou á túa disposición para o que desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:58, 9 xullo 2006 (UTC)

  • Ola de novo. Asegúroche que tes un bo nivel na escrita, a cal deixa entrever tamén certa soltura na fala. Unha evidencia disto é que no artigo Bertie Auld só vexo un erro. É en meirande, porque esta palabra signigfica 'máis grande en tamaño', non é logo posible unha construción como a meirande parte dos 279 partidos. En realidade escríboche esta mensaxe para agradecerche as túas palabras e dicirche que non che vou dar a lata coas correccións. Son cousas menores. Cando o desexes, recorre a min, estou á túa disposición e encatado de ir lendo os artigos que vas facendo.

PD. Por certo, estiven mirando en Commons se había algunha foto para documentar os teus artigos e non dei con ningunha de futbolistas escoceses. A ligazón por se che interesa é http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Soccer

Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:32, 9 xullo 2006 (UTC)

Ola Grixandermor, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:48, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Grixandermor. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:42, 6 decembro 2006 (UTC)