G. Pereiro
Benvido(a) á Galipedia, G. Pereiro!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 14:41 (UTC)
Imaxe de Portomouro editar
Ola G. Pereiro. Dis que a fotografía que retiraches do artigo Portomouro non pertence a esa parroquia. Podes indicarnos a onde pertence? Grazas. Un saúdo. --Xas (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 14:45 (UTC)
Saudos Xas. Non sei se che estou respondendo do xeito correcto e disculpame se non é así. A imaxe da presa que retirei non sei a onde pertence pero podoche asegurar sen dúbida algunha que non se encontra na parroquia de Portomouro, pois é onde vivo, concretamente na aldea de Pontes. Esta aldea seguramente non conste en ningún mapa, pero aseguroche que así é como se chama este lugar.--G. Pereiro (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 15:29 (UTC)