Posible conflito de intereses editar

Ola Fran.dorado. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2021 ás 11:50 (UTC)Responder

imaxes editar

Ola, Fran!

Non podo estar máis ledo ao ver as imaxes que subiches. Na Galipedia temos o Wikiproxecto fotos de parroquias, co obxecto de que haxa canto menos unha imaxe de cada parroquia galega. Contribuíches a ir mellorando os artigos relacionados con Sanguñedo e mais Santa María de Cexo, e é fantástico!

O que fixen agora foi crear as categorías respectivas das parroquias: commons:Category:Sanguñedo, Verea e mais commons:Category:Santa María de Cexo, Verea. Ademais, segundo o tipo de imaxe asigneille commons:Category:Churches in Verea (para as igrexas) e commons:Category:Wayside crosses in the province of Ourense (para os cruceiros), así como commons:Category:Mayors of Galicia (Spain) á foto de Antonio Dorado.

Quizais o das categorías en Commons, ao estar en inglés, sexa algo lío, pero é bastante útil. Como xa as enlacei cos respectivos artigos, agora se clicas en Sanguñedo, Verea (o artigo da Galipedia) podes ver que na columna da esquerda, cara a abaixo, pon "Wikimedia Commons"; é o enlace ás imaxes da parroquia en Commons.

Só un "pero": se te animases, sería fantástico incluír en cada foto as coordenadas do lugar. Podes ver un exemplo en Ficheiro:Igrexa de San Pedro da Gudiña fachada.jpg. Nesta imaxe podes ver tamén outro matiz: a data que aparece na información non é a do día en que se subiu a imaxe a Commons, senón a do día en que foi feita a fotografía. Isto é relevante, especialmente, en casos como a fotografía de Antonio Dorado.

Se tes calquera dúbida, escríbeme na miña páxina de conversa e intentaremos axudar no que poida. Non teñas medo se ao comezo atopas certas dificultades. O certo é que se cadra á hora de editar algunhas cousas son pouco intuitivas, mais unha vez que se lle vai collendo o truco, resulta moi cómodo de aquelar.

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de xaneiro de 2021 ás 04:09 (UTC)Responder

Monte Penagache editar

Boas, o artigo Monte Penagache, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 29 de xaneiro de 2021 ás 08:00 (UTC)Responder

Saúdos editar

Para calquera cousa que precises por aquí estamos. Para asinares nas páxinas de conversa e para outros labores que o requiran (votacións...) tes na caixa de edición, arriba á esquerda o terceiro símbolo, se premes nel xa queda a túa sinatura onde teñas o cursor.--HacheDous=0 (conversa) 31 de xaneiro de 2021 ás 12:58 (UTC)Responder

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa editar

Ola Fran.dorado. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa. Ti, por exemplo, deixaches unha mensaxe sen asinar en "Conversa usuario:HacheDous=0".

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 7 de febreiro de 2021 ás 18:58 (UTC)Responder