FizCotovelo
Benvido(a) á Galipedia, FizCotovelo!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.
Ola, FizCotovelo, benvido á Galipedia. Agradécense as túas achegas, aínda que sería bo que consultases Wikipedia:Conflito de intereses, pois non é bo que edites artigos relacionados co teu traballo. No artigo que creaches cómpre adaptalo ao formato utilizado na Galipedia en artigos similares.
No aviso legal do portal da Xunta advírtese que se poden reproducir os contidos sempre e cando se cite a orixe; con indicar a web de onde se tiran os datos, abonda.
En caso de ter algunha dúbida, non teñas medo a consultar a calquera usuario na súa páxina de conversa. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de novembro de 2013 ás 10:26 (UTC)