Dámosche a benvida á Galipedia, Eduardo Pazos!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo..--Maria zaos (conversa) 27 de abril de 2020 ás 14:18 (UTC)Responder

Axuda editar

Ola de novo. Aquí arriba no cadriño tes moitas ligazóns que poden facilitar o teu traballo. Tamén é bastante completo e sinxeliña esta axuda que recolle os pasos para o editor visual e o editor de fonte. Ánimo e moitas grazas por colaborar coa Galipedia!.--Maria zaos (conversa) 27 de abril de 2020 ás 14:44 (UTC)Responder

Talismán e Selo editar

Boas Eduardo. En primeiro lugar, grazas polas túas achegas. Estiven a revisar a ortografía e o formato do artigo de talismán. Creo que neste caso o principal problema é o apartado de "Preparación de talismáns", que non ten fontes e cuxa redacción dá a entender que os talismáns realmente teñen propiedades máxicas. Se che parece, podo reescribir un pouco ese apartado, mais non son un experto no tema e non coñezo fontes para referenciar o que se di, polo que procederei a marcalo tamén. No caso do artigo de selo, deixarei que remates a tradución e despois metereille man tamén se che parece ben. Calquera dúbida só tes que escribirme. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 28 de abril de 2020 ás 15:57 (UTC)Responder

Feito, xa fixen a revisión que me pediches do Selo de Salomón.--Breogan2008 (conversa) 28 de abril de 2020 ás 18:28 (UTC)Responder

Moitas grazas. Eduardo Pazos (conversa) 28 de abril de 2020 ás 18:29 (UTC)Responder

Xa revisei a última parte que me pediches. Espero terche sido de axuda. Grazas e saúdos.--Breogan2008 (conversa) 29 de abril de 2020 ás 15:19 (UTC)Responder

Moitas grazas! Axudoume moito. Eduardo Pazos (conversa) 29 de abril de 2020 ás 15:23 (UTC)Responder

Selo/Sixilo editar

Boas Eduardo. Respondendo ás túas dúbidas sobre o termo correcto, o certo é que non poido estar seguro de cal é mellor. Descoñecía a existencia deste tipo de símbolos e non atopo referencias nos dicionarios para resolver a dúbida. Porén, se temos en conta como nomean estes artigos noutras linguas románicas, como o portugués, o castelán ou o catalán, eu optaría por chamar ó artigo "Sixilo (maxia)", xa que a orixe etimolóxica da palabra é a mesma que para selo. Por lóxica deberíamos evitar termos derivados por non estar referenciados. No canto de "sigilização" e "sigilação" poderíamos dicir creación de sixilos. E para rematar sería "A chave menor de Salomón". Creo que non me deixo nada, se tes máis dúbidas, xa sabes. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 29 de abril de 2020 ás 17:25 (UTC)Responder

Re: Axuda editar

Boas, Eduardo Pazos. Síntoo, pero non controlo sobre ese tema para axudarche. Recoméndoche botar unha ollada aos artigos en inglés ou portugués para coller máis contido e referencias. Saúdos. --Chairego apc (conversa) 9 de novembro de 2020 ás 19:20 (UTC)Responder