Benvido(a) á Galipedia, Carunchiño!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. Non se deben quitar as marcas de atención ata que se resolva o problema nin tampouco os avisos de borrado, polo demais unha pregunta es membro ou tes algunha relación co grupo Os caruncos--RNC 14:42, 15 decembro 2009 (UTC) .

Outra benvida editar

Benvido a wikipedia galega. Grazas por colaborares connosco. É importante que antes de escribir o artigo e subilo a rede vexades como vai isto, xa que hai algunhas normas que todos temos que seguir pero que fai que todo isto funcione axeitadamente. Se como supoño, sodes algún dos membros do grupo os Carunchos dicirvos que o voso grupo sen dúbida merece figurar na wikipedia galega xa que ten unha traxectoria salientable na música popular galega. Outra cousa é que un ten que ser neutral en todo o que escribe e que sempre e mellor que o faga unha terceira persoa cando se fala de un. O que ata agora escribichedes non é moito, e é preciso engadir máis información para que o artigo acade un mínimo interés (exemplo: fundación, repertorio, composicións, referencias, estilo musical...) para iso podedes ver as páxinas escritas para outros grupos: exemplo Milladoiro. Tamén podedes subir algunha foto do grupo pero iso require que vexades con atención o apartado como cargar un ficheiro que atoparedes a dereita desta páxina. Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 15:49, 15 decembro 2009 (UTC)

páxinas de usuario e artigos editar

Espero ter atinado co problema que tiñas nos títulos das páxinas e usuarios que se redireccionaban entre si. Agora xa tes unha páxina de usuario carunchiños e a súa páxina de conversa, e borrada a redirección desde "Os Carunchos". Por certo, que non está ben que convérta-la túa páxina de usuario nun artigo sobre o grupo, pero non sei se estás a probar algo. Pedro --Lameiro (conversa) 11:27, 4 xaneiro 2010 (UTC)


Re: páxinas de usuario e artigos editar

Efectivamente estou a probar cousiñas pero isto se me fai bastante complexo, efectivamente quixera facer un artigo sobre o grupo, estou tentanto editar algo lexible, o seguinte paso sería efectivamnte converter isto nun artigo.

  • Tranquilo que non é tan complicado. En catro días colles o punto e verás como a cousa responde ó que queres facer. Mentres tanto sería boa idea pasar ese texto que tes sobre Os Carunchos a unha subpáxina túa onde podes seguir engadindo e modificando sen présas, e así deixas a túa páxina de usuario para presentarte á Comunidade. Outra cousa: cando queiras responder a unha mensaxe doutro usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, non na túa. Así saenos unha advertencia de que temos unha mensaxe e non se nos escapa, algo que pode pasar con frecuencia se escribes a resposta na túa propia páxina. Un saúdo e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 12:26, 4 xaneiro 2010 (UTC)
Non temos un artigo sobre o coro tradicional galego nin do coro en xeral, nin da composición músical coro (música) nin da historia do coro tradicional galego, non te animas a facer algún deles, parece que sabes do tema.--RNC 15:27, 4 xaneiro 2010 (UTC)

Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Zanfona Lugo.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Zanfona Lugo.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes



Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo -- Lmbuga / Conversa comigo  19:47, 8 xaneiro 2010 (UTC)