Calviño96
Benvido(a) á Galipedia, Calviño96!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 20:02, 20 de setembro de 2012 (UTC)
Traducións editar
Boas!, mira, acabo de ver o artigo Pádel e como é unha tradución e nos resumos de edición non indicaches nada ó respecto, para manter a licenza dos artigos das wikipedias, que requiren a atribución dos autores, tes que poñer o Modelo:Traducido de na páxina de conversa cos datos da tradución. Para outras veces podes, simplemente, ir indicando de ónde traduces os contidos na caixa de resumo como se explica aqui. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:16, 13 de outubro de 2012 (UTC)
Pádel editar
Boas, quitei a restra de ligazóns externas que puxeches no artigo porque a Galipedia non é unha colección de ligazóns. Se hai algunha ligazón importante, unha ou dúas, poden poñerse pero non se permiten listas kilométricas. Tampouco se permiten ligazóns a foros, nin se recomendan ligazóns a blogs, salvo en casos moi concretos. Se queres máis detalles sobre estas normas podes mirar as ligazóns que che puxeron enriba ou preguntame na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:30, 17 de novembro de 2012 (UTC)