Benvido á Galipedia, Anxogcd!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Banjo tell me 15:43, 30 marzo 2009 (UTC)

Modelos de son editar

Boas! Pois a primeira vista semella que está ben, aínda que non o podo confirmar xa que desde o meu choio non podo revisalo ben... En canto chegue a casa miroo desde alí, pero xa che digo que en principio semella ben :) Saúdos! --Banjo tell me 07:42, 17 abril 2009 (UTC)

Copyright editar

Ola, Anxo. Na wikipedia non están permitidos contidos que teñan ©, coma estes. Así que tiven que borralos . Se tes algunha dúbida, pregúntame que che explico máis, vale? Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 15:34, 22 abril 2009 (UTC)

Ola de novo. Despois do que me dis vou facer unha nova revisión e explícoche onde está o problema, se é que o ahi. Agarda un segundo. --Xabier Cid Conversa 16:38, 22 abril 2009 (UTC)

Vale, efectivamente... Vou paso por paso.

  • Na wikipedia non se poden cargar arquivos que estean sometidos a ©.
  • Estes arquivos de son están sometidos a copyright porque non foron especificamente distribuídos baixo outra licenza (Creative Commons, GNU, etc.).
  • O copyright é independente do prezo. Que un arquivo, un libro ou a foto dun xornal sexa gratis non quere dicir que ese material non teña un lexítimo propietario que decide, con maior ou menor grao de liberdade, qué facer con ese produto. Ora ben, se algo non é de balde (e eses arquivos en Amazon non o son, é pra desconfiar de que teñan unha licenza compatible coa Wikipedia.
  • Estas son as regras xerais que afectan a Wikipedia. Ora ben, cada país ten a súa lexislación específica en materia de dereitos. Todos concordan no fundamental, que é o foi sancionado polo Convenio de Berna, pero existen matices con respecto a alguhas cuestións. Un deses matices é o que se coñece como en:Fair use, aplicable na lexislación estadounidense e cinguida unicamente a ela. O fair use sinala que, cando non existe intención económica, é posible reproducir fragmentos ou copias sempre que sexa con valor informativo, e tentando minimizar o impacto da violación. Aí poderiamos entrar a debater se seis cortes de música do mesmo grupo teñen valor informativo ou se cun só corte abondaba, pero non é esa a cuestión agora. O punto é que como ben se sinala na licenza do arquivo, iso só é aplicables nos Estados Unidos e na wikipedia en lingua inglesa. Se te fixas, o arquivo foi publicado inicialmente na wikipedia en lingua inglesa, e non en commons, que é a web de arquivos da Wikipedia común a todas as wikipedias en todos os idiomas.

Non sei se me expliquei correctamente. Se tes calquera dúbida, sígueme preguntando, que aquí estamos pra iso. Saudiños. --Xabier Cid Conversa 16:53, 22 abril 2009 (UTC)

Importante editar

Es o tío máis guapo do mundo, e tes unha moza que tamén é a rapaza máis fermosa e agradable do mundo. --Anxogcd 17:42, 22 abril 2009 (UTC)

Wikiproxecto Música editar

Boas Anxogcd, deixei un comentario na conversa do wikiproxecto Música, se podes miralo para ver se estás interesado no asunto que expoño. Moitas grazas, unha aperta Piquitoconversa