Angalju
Dámosche a benvida á Galipedia, Angalju!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 28 de xaneiro de 2021 ás 19:58 (UTC)
Reversión editar
Ola, Angalju. Revertín a túa edición na entrada María Reimóndez. Como sinalei no resumo de edición, débese a que unha parte dos engadidos que fixeches son valorativos e carecen do necesario ton enciclopédico (ex.: "a nosa forma de vivir"), así como a que o artigo se ve a todas luces descompensado -convídote a que revisas a guía de edición- e a que algunhas frases non deberían ir na entrada da escritora senón, se acaso, noutras, coma as das organiacións mencionadas (ex.: "A entidade ten dous campos de acción: unha son as campañas de sensibilización e outro o traballo..."). Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 28 de xaneiro de 2021 ás 20:04 (UTC)