Andrius97
Benvido(a) á Galipedia, Andrius97!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de maio de 2017 ás 18:34 (UTC)
Alleeiros e vandalismo
editarNon che sei. Sei que hai páxinas web que -non sei con que criterio- son consideradas automaticamente como vandalismos polo sistema e, polo tanto, rexeitados cando se quere gardar a edición. Outra cousa: non me trates de vostede, por favor. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 14 de maio de 2017 ás 20:57 (UTC)
- Bota un vistazo, en todo caso, á política Wikipedia:Ligazóns externas, onde poderás ver que ligazóns externas se poden e non se poden incluír. Pedro --Lameiro (conversa) 14 de maio de 2017 ás 21:04 (UTC)
- A maiores, na Galipedia, e noutras wikipedias, hai un filtro automatico que comproba as edicións dos usuarios novos (como é o teu caso) e das IPs para intentar reducir os vandalismos e as probas de edición. Por exemplo, non se lles permite eliminar (e creo que tampouco cambiar) referencias a un artigo por seguridade. Penso que é moi posible que fose este sistema o que che impedise a edición.
- Hai dúas solucións: que sigas traballando noutros artigos da Galipedia aumentando o teu número de edicións e o tempo que levas no proxecto, e así o filtro xa non te considerará usuaria "nova", ou, se o prefires, podes explicar na páxina de conversa do artigo o que queres modificar, e como eu teño o artigo en vixilancia, en canto teña un momento revisarei ese cambio e achegareino ó artigo (tamén pode facelo outro usuario que vexa o comentario e pase antes ca min por aí). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2017 ás 09:22 (UTC)