Benvido(a) á Galipedia, Albiñanp!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 11:23, 10 de novembro de 2012 (UTC)

Asinar os artigosEditar

Ola Albiñanp, revertín as túas edicións nos artigos Fanatismo e Lea, Pol xa que non se pode asinar nos artigos. De feito as túas contribucións xa aparecen consignadas no Historial do artigo. Podes comprobalo na pestana Ver o historial. Saúdos e para calquera dúbida, aquí estamos... --Xas (conversa) 14:44, 14 de novembro de 2012 (UTC)

ImaxesEditar

Ola Albiñanp, as imaxe que subiches da Igrexa de Lea teñen dereitos de autor, están aquí e pon que os donos das fotos teñen os dereitos de autor, polo tanto marqueinas {{copyvio}} para que as borraran. Na Galipedia non se pode subir nada que teña dereitos de autor (se está en Internet e non ten licenza libre entón non se pode usar na Galipedia e a maioría das que hai en internet non a teñen), tes máis información sobre as imaxes en Wikipedia:Política de uso de imaxes. Un saúdo. --JaviP96 9 de marzo de 2013 ás 23:41 (UTC)