Bueno, usuario:83.53.124.139, aínda que xa conversamos na páxina de conversa dun artigo, quero darche a benvida á Galipedia. Que teñas unha boa estadía e un bo traballo. E xa sabes que aínda que non é imprescindíbel, si que é mellor estar rexistrado, principalmente para que os demais te teñamos localizado e poidamos axudar mellor. Un saúdo e aquí me tes para o que queiras.--Atobar (conversa comigo) 02:08, 28 marzo 2009 (UTC)

benvida ip + texto editar

Benvido(a) 83.53.124.139 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Caro/a usuário/a:

Na galipedia non se adoitan utilizar as listas como as que estás a incluír e traducir ultimamente, dado que xa existen as categorías correspondentes.

Cando crees un artigo novo, cómpre indicar a súa procedencia: Ben se é unha tradución do mesmo artigo doutra wiki (p.e.: "traducido do artigo na wikipedia en lingua portuguesa"), ou as referencias que achegues se é un artigo de creación propia.

Outra recomendación. Cando respondas ás mensaxes, ademais de asinar, é importante responder na páxina d@ usuari@ a quen queres responder. Se respondes na túa propia páxina de conversa, é máis difícil que o autor da mensaxe atope a resposta.

Un saúdo, e non dubides á hora de consultar as túas dúbidas cos administradores ou con outr@s usuari@s. --Estevo(aei)pa o que queiras... 08:37, 31 marzo 2009 (UTC)