Benvido(a) 83.42.12.235 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.--Atobar (conversa comigo) 09:06, 19 xuño 2009 (UTC)

  • Ligazón, non ligación. E algunhas outras cousiñas pequechas que che corrixín nos artigos últimos que editaches. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 11:40, 19 xuño 2009 (UTC)
    • hahahah calquer día ligaçom ou ligação
Se un día a Galipedia devén a Wikipedia portuguesa, daquela supoño que si; mais como iso non semella nin lóxico niin factíbel, daquela coido que ligazón foi, é e será o noso termo. Outra cousiña: para comentar o que sexa, telo que facer na páxina de conversa do usuario ao que te queres dirixir, non na de teu. E non te esquezas de asinar os comentarios. Faise premendo na cuarta icona, na que ten un garabato debuxado, comezando pola dereito, xusto enriba do cadro de escrita. Un saúdo e a seguir choiando na Galipedia. --Atobar (conversa comigo) 12:17, 19 xuño 2009 (UTC)

Conflito lingüístico na GZEditar

Non existe tal conflito, e polo tanto, non ten sentido falar del. É unha invención interesada de certos sectores da poboación. O único conflito é a diglosia. --Norrin_strange (Fala-me) 20:28, 22 xuño 2009 (UTC)

Desfixen a túa edición en artigos solicitados, alí expliquei o motivo. Se queres facer algo a prol da Galipedia por favor fai edicións que aparezan como valiosas a ollos da comunidade e non abras debates interminables que restan esforzos na edición de contidos. Ten en conta que porfiar unha e outra vez en certos temas demostra o que chamamos axenda propia, iso significa amosar maior interese por promocionar as ideas propias que por traballar polo ben do proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:55, 23 xuño 2009 (UTC)

UsuariosEditar

Ola 83.42.12.235 . Debido a que se está producindo certa confusión sobre as intervención de 83.42.12.235 e Rosamf sería bo que aclarases se sodes usuarios diferentes ou simplemente coincidides no interese no mesmo tema. Agradezoche de antemán a aclaración. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:56, 26 xuño 2009 (UTC)

Só a efectos de que non se produzan malentendidos nin dar pé a prexuízos, a miña mensaxe anterior, as dos compañeiros e as relacionadas con este tema baseanse nas edicións que fai cada un dos usuarios. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:32, 26 xuño 2009 (UTC)