Dámosche a benvida á Galipedia, 77.27.8.147

Ola, 77.27.8.147. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: "Crear unha conta", ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez feito o rexistro, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outra persoa da Galipedia seguindo o procedemento expresado en: Como contactar con outras persoas.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --RubenWGA (conversa) 9 de abril de 2019 ás 19:45 (UTC)Responder

Contido

editar

Ola, ip. Cando engadas contido, como aquí, debes respectar o xa existente. Non substituílo. Tamén ten presente que debes darlle formato e referencias. Grazas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 9 de abril de 2019 ás 19:46 (UTC)Responder

Benvida

editar

Ola Alsaoze.

Benvida ao proxecto.

Á hora de facer achegas aos artigos, procura un par de cousas:

1) non destruír os contidos que engadiron previamente outros compañeiros e
2) cinguirte ao tema obxecto do título do artigo, sen engadir cousas que irían mellor noutros artigos de seu. Ten en conta que aquí non procede o formato dun artigo illado, en papel. Os artigos están contextualizados no total do proxecto e teñen hipervínculos a outros, onde ampliar a información sobre esas outras cuestións.

Graciñas, un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 10 de abril de 2019 ás 21:59 (UTC)Responder