Benvido(a) 213.60.60.73 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Toliño Fala aquí comigo 19:29, 20 maio 2008 (UTC)

Missouris editar

Ola, Montes, (?). Se ti mesmo asinas como Montes cando fas protestas, por que non te rexistras con ese nome ou con outro, o que ti queiras? Cousas como a que che pasou hoxe non sucederían se estiveses rexistrado, porque todos poderiamos saber que es ti, e tentariamos explicarche onde está o problema antes de poñer un determinado marcador. En fin, explícoche: os topónimos na wiki galega exprésanse con comas, non con parénteses. Así, debería ser Kansas City, Missouri e non con parénteses, e iso foi o que fixo o usuario: mover a páxina dunha para outra, e logo marcar como lixo a orixinal (un trámite puramente técnico), para reducir as redireccións que non ten sentido manter. Nada grave, todo o mundo, e ti o primeiro, fixestes o que había que facer. É moi difícil distinguir se un número composto por 10 cifras corresponde a un usuario constante e competente, ou a alguén que hoxe pasaba por aquí... :) Un saudiño --Xabier Cid Conversa 19:10, 1 xuño 2008 (UTC)

Vasco da Ponte editar

ola Montes!

parabéns pola creación dos artigos de Nuno Freire e Vasco da Ponte. No deste último vou incluír a edición deste ano da relación dalgunhas casas... de Clodio González, que contén unha introdución ben interesante.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 13:47, 25 xuño 2008 (UTC)

ligazóns internas editar

Boas tardes. No artigo Cova de Gorham‎ corrixín unha ligazón ós neardentais que estaba en vermello cando xa temos ese artigo. A razón: que marcaches "neandertais" cando o artigo era Home de Neanderthal (ou Neanderthal, que redirixe alí). Lembra que como os títulos dos artigos deben ir en singular, as ligazóns que se poñan deben ter presente esa forma en singular. Aproveito para pedirche que revises o texto, xa que hai varios erros mecanográficos. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 20:35, 3 novembro 2008 (UTC)

Ola Montes. Estiven ollando os artigos en castelán e inglés de Toribio, e creo que o problema en castelán e galego é a redacción, non os contidos. Eu creo que o texto ten sentido, que non é oposto ó que di a inglesa, pero é máis difícil de entender.

Intentei mirar a ligazón externa da wiki en inglés pero non leva a ningures, e na casa non atopei nada novo.

En calquera caso, xa sabes (por favor, atúame nas mensaxes), que non só podes modificar o que consideres oportuno, senón que as túas aportacións son sumamente benvidas.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 09:22, 8 novembro 2008 (UTC)

boa noite!

Montes, estou sumamente agradecido. Logo de crear un artigo que xa pediras en reiteradas ocasións, vas ti e creas outro que eu, como pontevedrés, creo moi necesario. Reitero os meus agradecementos, non só por este artigo, senón pola túa tarefa na galipedia. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 23:01, 16 novembro 2008 (UTC)