Benvid@ á Galipedia. Se queres facer probas tes a: Wikipedia:Zona de probas.

BenvidaEditar

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 11:59, 11 de novembro de 2011 (UTC)

Benvido(a) 213.0.89.6 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes. Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Wikipedia:Como rexistrarse.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 11 de maio de 2013 ás 21:59 (UTC)

Asina as túas mensaxesEditar

Asina as mensaxes nas páxinas de conversaEditar

Ola 213.0.89.6. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Un saúdo e a seguir! --JaviP96 19 de maio de 2013 ás 09:38 (UTC)

Modelo:CompositorEditar

Grazas polas melloras que fixeches no modelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de maio de 2013 ás 01:00 (UTC)

Axudas ortográficasEditar

Ola 213.0.89.6. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía. Por exemplo no artigo "Contador eléctrico".

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 24 de maio de 2013 ás 21:34 (UTC)

FormatoEditar

Ola ip 213.0.89.6, cando crees un artigo non deixes unha liña en branco antes de comezar o texto, e mira que as categorías que poñas non sexan redundantes, por exemplo no artigo Casa Museo Rosalía de Castro sobra a categoría Museos de Galicia, xa que esta xa está incluída na categoría Museos da provincia da Coruña. Saúdos. --JaviP96 1 de xuño de 2013 ás 16:45 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra WikipediaEditar

Ola 213.0.89.6.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría. E ti non o reflectiches no artigo "Raspberry Pi".

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Toliño Fala aquí comigo 6 de xuño de 2013 ás 16:05 (UTC)

Inditex e citasEditar

Boas! Vexo que na sección "Beneficios" do artigo "Inditex" hai dúas táboas con datos sobre tendas de Inditex en todo o mundo. Non entendo o motivo que leva ás diferenzas nos datos totais no número de tendas (5.044 nun caso e 5.620 noutro). Ademais, faise referencia á tenda número 6.000, cousa que non é posible se o número de tendas é algún dos que citei antes. Se mo podes aclarar estaría agradecido.

Por certo, xa levo tempo advertindo que empregas un formato un tanto estraño para as referencias, sobre todo para as de novas de xornais. Fas algo así como:

[http://elpais.com/diario/2007/10/15/economia/1192399211_850215.html La cuadrilla de lujo de Amancio Ortega. [[El País]]] {{es}}.

Cando debería ser algo así:

[http://elpais.com/diario/2007/10/15/economia/1192399211_850215.html "La cuadrilla de lujo de Amancio Ortega"], ''[[El País]]'' {{es}}.

Non é só que quede mellor visualmente, senón que é un formato estándar. Unha boa idea é facer uso dos modelos para citas. O mellor método é usar a opción "Citar" que hai na barra que hai na parte superior da caixa de edición. Logo seleccionas o modelo máis axeitado e completas os campos correspondentes. Deixo unhas capturas para que o vexas mellor (preme nelas para velas máis grandes):

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir".

Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 7 de xuño de 2013 ás 10:28 (UTC)