Dámosche a benvida á Galipedia, Saletamarte!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 13 de abril de 2021 ás 14:28 (UTC)Responder

Margaret Hutchinson Rousseau

editar

Parabéns polo traballo na entrada de Margaret Hutchinson Rousseau.

  • Engadiches o texto (se o traes dende un editor de texto como Word ás veces saen algúns marcadores raros, como os <<< que se ven) e colocaches ben a cabeceira de Traxectoria.
  • Nesta edición, calculo que sen decatarte, eliminaches os cadros de atención que aparecían ao inicio da páxina. Non pasa nada, porque estamos nun proxecto pedagóxico, pero ten en conta no futuro que estes cadros só poden ser retirados cando se solucionan os problemas dos que avisan. Ademais dos cadros tamén eliminaches o cadro de biografía, que adoita aparecer á dereita do texto. É bastante fácil borrar texto de máis co editor visual, non te preocupes, e ademais colocáchelo de novo sen problema.

Sería interesante incluír -se tes tempo- as referencias das fontes que utilizaches para crear o texto que engadiches, xa que todo o que se publica como entrada enciclopédica debe estar baseado en fontes e estas débense citar para permitir a súa verificación. Vexo que tamén editaches a túa páxina de usuaria. Lembra que todos os datos que se publican en wikipedia quedan rexistrados e visibles ( aínda que os borres) nos historiais de edición, incluíndo os datos de tipo persoal que queiras incluír na túa páxina de usuaria. Se por algunha razón quixeses que algún dato de tipo persoal deixase de ser visible podes contactar cun administrador ou administradora da Galipedia.

Moitas grazas por animarte a colaborar coa Galipedia. Un saúdo e a seguir! Maria zaos (conversa) 18 de abril de 2021 ás 23:38 (UTC)Responder