Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Concellos galegos

Último comentário: hai 9 anos de Estevoaei no tópico categorización das parroquias segundo padroeiro/a

Modelo de parroquia editar

Na actualidade hai dous modelos de parroquia en uso, moi similares e aun tempo moi distintos:

Creo que o ideal sería coller as virtudes de ambos e quedarnos cun só, tendo en conta o deseño empregado nos concellos, e modelos de parroquias do concello e lugares. Lansbricae (Ti dirás) 20:40, 7 decembro 2007 (UTC)


a botear editar

Creo que sería interesante propoñer a execucion dun bot para a tarefa de incluir automaticamente o modelo de parroquia en todos os artigos de parroquias: como temos a vantaxe de que os textos indicativos por parroquia seguen case sempre o mesmo patrón "X é unha parroquia que se localiza no Y do concello de Z. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña N habitantes distribuídos en M entidades de poboación...". ¿que vos parece? ---- Maañón00 (o que ho?) 14:08, 16 decembro 2007 (UTC)

  • Parece moi boa idea, só falta un bot "legalizado" disposto a facelo. Deste xeito os editores poderiamos traballar en facer entradas de parroquias que faltan por facer. Lansbricae (Ti dirás) 15:07, 16 decembro 2007 (UTC)

Ligazóns cara o xentilicio no Galizionario editar

Decatáchevos? No caso dos xentilicios, moitos artigos de concellos ligan cara o artigo do Galizionario. O caso é que ligan cara artigos coa inicial en maiúsculas (exemplo: Poiense) e eses artigos foron eliminados.

Cómpre mudar todas as ligazóns por outras cara os artigos en minúscula (poiense).

--. HombreDHojalata.conversa 19:12, 25 de marzo de 2011 (UTC)

  Feito! [ Furagaitas * ] 13:38, 12 de xuño de 2012 (UTC)

Modelo de concello editar

No primeiro punto dos traballos a realizar fálase da conveniencia de que todas as páxinas de concellos teñan a mesma estrutura de Wikipedia:Modelo de concellos e se pide aplicar o Modelo a unha páxina concreta. Esto último xa está rematado para o concello de Pontedeume que segue o esquema proposto, co engadido de dúas seccións, ao meu parecer necesarias, de Educación e Sanidade. Dúas observacións tamén sobre a sección de economía: na subsección de infraestruturas engadín as industriais (polígonos industriais) e turísticas (oficinas de turismo, aloxamento e restaurantes); e nos sectores produtivos non vexo operativa a división nos distintos sectores (non é doado atopar información de todas as subdivisións), creo que é mellor dar unha visión xeral conxunta dos distintos sectores. Agardo opinións, saúdos! --Xosé Antonio (fálame sempre) 11:06, 14 de outubro de 2012 (UTC)

Paréceme ben engadir esas seccións, pero hai que ter ollo de que non se convirtan en simples listas de nomes. Sobre o tema de atopar información de tódalas subdivisións..., hai que ter en conta o que di o modelo sobre os subapartados: "En cada apartado principal incluiremos a información relacionada, si esta información ten a extensión e estrutura adecuada para poñela en dous, ou máis, dos subapartados dese apartado, entón non debemos poñer ningún texto no apartado principal e dividilo adecuadamente para poñelo en cada subapartado.". Ó mellor está explicado dunha forma rebuscada non sei pero o que se pretende é que se non hai información abondo sobre un subapartado non hai que rebuscar e rebuscar información, simplemente non se engade e listo. Do mesmo xeito, se dos subapartados dunha sección só se pode poñer dúas ou tres liñas o máis axeitado é non por os subapartados e redactar toda a información no apartado xeral. Bó traballo Xosé Antonio, saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:52, 14 de outubro de 2012 (UTC)

Modelo:Concello 0000 editar

Boas, fixen engadidos no modelo de cada elección municipal dos concellos. Explico os engadidos:

  1. Táboa coa participación e a abstención con porcentaxes sobre o total do censo.
  2. Táboa cos votos válidos e nulos con porcentaxes sobre o total de votos emitidos (vai coa anterior para que saian á mesma altura, non sei se hai outra maneira de conseguir que as dúas táboas aparezan así).
  3. Táboa coa distribución dos votos válidos (a candidaturas e en branco) con porcentaxes sobre o total de votos válidos, que son os que oficialmente se teñen en conta para ver se un partido acada o 5%, mínimo necesario para ter representación.
  • No diagrama de barras que había no modelo, puxen as porcentaxes sobre o total da suma dos votos que teñen os partidos con representación, para que sumen o 100% que aparece na barra negra.

Con estos engadidos quedan bastante completos todos os datos electorais. Podedes comprobar o resultado en Modelo:Pontedeume 1979. A ver que vos parece, saúdos. --Xosé Antonio (fálame sempre) 19:47, 19 de outubro de 2012 (UTC)

Táboa de poboación editar

Propoño cambiar o punto 4 dos traballos a realizar que di: "Se non o ten, engade o Modelo:Hab info" por outro que diga: "Engadir o gráfico de poboación que se aprobou en Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 26#Gráficos de evolución da poboación" (habería que decidir se o período entre datos é de 10 ou de 20 anos, pois na votación houbo empate). O motivo é que hai información redundante (os datos da táboa xa están no gráfico), e esteticamente é máis chamativo o gráfico. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 27 de agosto de 2013 ás 10:05 (UTC)Responder

categorización das parroquias segundo padroeiro/a editar

Gustaríame facer unha proposta: poenso que sería interesante categorizar as parroquias segundo o/a padroeiro/a, o cal sería útil para contabilizar facilmente cantas parroquias existen baixo unha determinada advocación.

Posibles problemas:

  • diferentes nomes (Santalla/Santa Baia/Santa Olalla): solucionaríase con subcategorías; a categoría principal levaría o nome do título do artigo correspondente.
  • mesmo nome para diversos santos (San Martiño de Dumio / San Martiño de Tours): solucionaríase con categorías diferenciadas, con ligazóns a cadanseu santo.

Agradécense os comentarios. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de decembro de 2014 ás 00:52 (UTC)Responder

Non é mala idea, pero ten en conta que hai case 3.800 parroquias en Galiza. Non será moito traballo? --Xosé Antonio (fálame sempre) 3 de decembro de 2014 ás 16:32 (UTC)Responder
A min a idea gústame, aínda que dea traballo. Pode ser un wikirreto. Pedro --Lameiro (conversa) 3 de decembro de 2014 ás 18:05 (UTC)Responder

Avante! editar

Vou comezar o traballo. Agradécese a axuda.

--Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de decembro de 2014 ás 01:28 (UTC)Responder

Problemas editar

Varios santos co mesmo nome editar

Ocórreseme que unha maneira de averigüar o santo é mirar a data de celebración do patrón, que normalmente coincide co santoral. Algúns concellos como o de Arzúa amosan esta información na súa páxina web. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 28 de decembro de 2014 ás 20:55 (UTC)Responder

Categorías editar

Ao crear cadansúa categoría, aparece como subcategoría de Categoría:Parroquias de Galicia por advocación. O que estou a facer é pór no cabezallo {{AP|Nome do santo}}, pero en ocasións leva a páxinas de homónimos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de xaneiro de 2015 ás 14:42 (UTC)Responder

Volver á páxina do proxecto "Wikiproxecto Concellos galegos".