Conversa:Reino de Galicia

(Redirección desde «Conversa:Reino de Galiza»)
Último comentário: hai 3 anos de 95.123.155.86 no tópico Soria perteneció a Galicia
Arquivos

As seguintes notas son o resultado -probablemente- de pegar aquí anacos de texto traídos doutro lugar. É probable que se refiran a obras que non se atopan mencionadas no artigo. Se non se amaña isto en breve prazo, haberá que prescindir delas.

  Feito!.Amañada, substituise por outra alusiva á mesma fonte.--Alexandre Vigo 17:04, 21 de xullo de 2010 (UTC)
  Feito!. Amañada a nota.--Alexandre Vigo 16:58, 21 de xullo de 2010 (UTC)
  Feito!. Amañada a nota.--Alexandre Vigo 16:58, 21 de xullo de 2010 (UTC)
Menéndez Pidal morreu en 1968. Esa data é correcta? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:24, 21 de xullo de 2010 (UTC)
  Feito!. Efectivamente, a data de publicación era 1967, non 1969.--Alexandre Vigo 15:39, 23 de xullo de 2010 (UTC)
Elimineina pois a imaxe xa está incorporada no propio artigo. --Alberte Si, dígame? 21:58, 21 de xullo de 2010 (UTC)
Mudárona a aquí. --Alberte Si, dígame? 21:37, 21 de xullo de 2010 (UTC)
  Feito! Ligazón restaurada. Gracias. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:50, 21 de xullo de 2010 (UTC)
Un detalle que levo pensando un tempo: agora mesmo coa reforma nas notas de Xoacas harmonízanse, pero pérdese o número de páxina concreta para referenciar un texto ou unha cita. Coido que a obra debe ir completa (co seu autor, ano, editorial, imdb etc.) na bibliografía, e nas notas abreviar e poñe-lo autor, o ano da obra e a páxina. Un pouco como aquí en:Second Crusade. Pero claro é opinión miña. --Alberte Si, dígame? 16:58, 21 de xullo de 2010 (UTC)
Estamos a falar dun artigo que hoxe pola mañán tiña 145 notas. Non paga a pena? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:05, 21 de xullo de 2010 (UTC)
Comprendo a reducción de notas, é normal porque o artigo comeza a ter moitas -e previsiblemente vai camiño de ter moitisimas máis-, mais tamén entendo que é importante o feito de sinalar a páxina naquelas obras non dixitais (como google books) alomenos, porque o certo é que axudan moitísimo ao investigador e fano realmente útil. Sei que sería un traballo extra pedirche repoñelas Xoacas, mais eu mesmo me propoño para amañar iso especificando a páxina de cada libro repetido, todo isto mañá e sempre que esteades dacordo.--Alexandre Vigo 17:17, 21 de xullo de 2010 (UTC)
Eu creo que quen está o bastante ocioso para investir o seu tempo en comprobar o contido do artigo a partir das fontes, non terá problema en dedicarlle un minuto máis a buscar o que quere encontrar. Ao lector hai que deixarlle a posibilidade de que verifique, pero non hai que darlle a comida masticada. Polo demais, eu mesmo e neste mesmo artigo hai tempo que fixen a mesma operación (estou falando de concentrar as notas repetidas), e daquela non houbo problema e parece que segue sen habelo. Teño que dicir que o máis habitual, polo menos nas publicacións que eu adoito manexar, é indicar o autor, o título, o ano e, se cadra, a editorial, calquera outro dato é un pouco irrelevante e a súa ausencia non supón un obstáculo. En calquera caso, se se decide desfacer o xa feito gustaríame sabelo antes de seguir co traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:29, 21 de xullo de 2010 (UTC).
Penso que precisamos dun par de opinións máis no tema para tomar unha decisión.--Alexandre Vigo 18:16, 21 de xullo de 2010 (UTC)
  • As referencias ao uso efectivamente raro é que leven a páxina, pero no caso da wikipedia a min parécenme do máis útil, porque moitas veces se pide referencias sobre unha frase concreta ou unha idea e cando se busca contrastalo (en publicacións en rede máis aínda), indicar a páxina axuda moito. Eu, sempre que sexa posíbel, son partidario de poñer a páxina. --Atobar (conversa comigo) 18:25, 21 de xullo de 2010 (UTC)
  • Nas publicacións que manexo para os meus traballos fóra da Galipedia o máis frecuente é referenciar sen a páxina e, mesmo é relativamente frecuente tamén que a referencia só conste do apelido do autor e o ano. Mais eu penso que os contidos na Galipedia poderíanse referenciar de dous xeitos: cando se alude a unha frase concreta ou se transcibe (case)literalmente un parágrafo do autor é bó mencionar a páxina da que se tirou e poñela como nota. Cando a obra consultada serve como marco básico para a confección do artigo en xeral, penso que o lugar axeitado para mencionala é a bibliografía, sen mencionar as páxinas. Un saúdo!--Paradanta 21:59, 21 de xullo de 2010 (UTC)

Artigo descatado editar

Despois de ter lido este artigo pareceme estrano que o artigo non fóse proposto a artigo de calidade. Aínda que haxa unha sección "en uso", gustaríame por parte da xente que colabora ou olla habitualmente o artigo que falta para acadar o nomeamento ou se xa se pode propoñer, e no caso de que faltase algo, que se tería que mellorar. Un saúdo.--Adorian (fálame) 22:23, 11 de outubro de 2010 (UTC)

O artigo está inconcluso, coido que Alexandre vai seguir traballando nel, polo que supoño que habería que agardar a que se retire o marcador de "enuso" despois de elimina-las lagoas que quedan. Para min, unha vez rematado, é un candidato clarísimo a artigo de calidade. Deámoslle un tempo a Alexandre. --Alberte Si, dígame? 22:25, 11 de outubro de 2010 (UTC)

Como tese de doutoramento o xuízo sería execelente, pero como artigo enciclopédico o seu contido é desmesurado, desenfocado e escasamente ponderado. Desmesurado pola extensión, desenfocado polo ámbito e escasamente ponderado por seguir, exacerbándoa, unha liña historiográfica que aínda é minoritaria e só defenden historiadores como López Carreira, Teixeira, e un economista: Camilo Nogueira. Portela, Pallares, Baliñas, Andrade, García Oro,.... defenden un paradigma distinto ao que nin siquera se fai mención. Se Castela e un anaco de Galicia, queda por facer o historia do que hoxe entendemos por Galicia, a Galicia nuclear, e non unha magna Gallaecia que chegaría ata o Guadalquivir abranguendo Lusitania, La Mancha e parte de Andalucía e que fai difícilmente intelixible o devir histórico do país. O titánico esforzo dos autores é admirable, pero entendo que unha redacción compulsiva, que vai á deriva entre o proxilo e o omnicomprensivo (fálase ata das guerras flamencas) acaba por diluír a Galicia nunha historia xeral de España pero con outro nome: Gallaecia. Tanto se quere abranguer que os sinais de identidade do propio quedan esvaídos baixo un soño imperial onde ata Toledo acaba sendo unha cidade galega. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.116.156.218 (conversacontribucións) 12 de outubro de 2010 ás 01:01

Comprenderas, ip, que unha perorata así non é fácil de dixerir cando é tan vaga e se limita a falar en termos globais e non a discutir puntos ou frases concretas. Amais, anímote a que te rexistres, porque sempre é de maior confianza un usuario rexistrado ca unha ip. Un historial de edicións e o que ten. --Atobar (conversa comigo) 00:00, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Atobar descualifica o anterior comentario tildándoo de perorata, desconfía do anonimato e, sen citar un só autor nin entender a liña argumental, pide concreción; vexamos: non se trata de citar puntos ou frases concretas, porque do que se fala no anterior comentario é de reflexionar sobre o paradigma en sí, a globalidade da concepción do artigo (e como cuestión secundaria tamén o súa extensión). Explícome (estou convencido de que os redactores saberán do que falo, pois están ben documentados): sobre o Reino de Galicia existen, simplificando moito, as seguintes concepcións:

- Puro negacionismo que como moito admite a existencia dun reino efímero con D. García (1065-1069). O que logo dará nome de reino, de xeito puramente formal, ao territorio da actual Galicia, que non sería máis ca un anaco do reino de Asturias, do reino de León e do reino de Castela. Existirían todo o máis precedentes de territorialización do poder en Galicia por divisións entre grupos familiares do núcleo monárquico. (Baliñas, Pallares, Portela, con matices serían desta opinión).

-Admisión da existencia dun reino que nacería cos suevos, que desaparecería coa anexión visigoda e que renacería froito de divisións de unidades máis amplas en plena idade media, con reis privativos: Ordoño II, Sancho Ordóñez, Bermudo II, Garcia II, Afonso Raimúndez. Este reino tería unha particular relevancia coa última etapa do reino de León independente de Castela: reis de Galicia e León Fernando II e Afonso II. A súa personalidade decaería a partir da unión cuasi-definitiva con Fernando III e o desprazamento do centro cara o sur e a consolidación da independencia portuguesa. (esta é a tese tradicional de López Ferreiro, Cotarelo ou González López, do que non se distancian en exceso historiadores como Andrade, Casimiro Torres, García Oro, López Alsina, Recuero...; historiadores portugueses como Mattoso inclínanse por esta tese que explicaría a independencia de Portugal polas contradiccións internas de na autoafirmación do espazo galaico dende Vimara Pérez ata Henrique de Borgoña.

- Identificación de Galicia con Gallaecia, sen precisar os seus límites, e expansión da mesma: o Reino de Galicia nace cos suevos, subsiste latexante cos visigodos, emerxe puxante en plena idade media dende o Mondego ata Navarra. De xeito que xustamente as períodos de afirmación galega, no senso da Galicia nuclear (dende as primeiras resistencias dos galegos fronte aos reis de Oviedo ata os condes de Traba) se explican como fragmentacións particularistas dun amplísimo espazo galaico que chegaría ata o Guadalquivir con Fernando III o Santo e que faría de Castela un espazo secundario e subordinado ata polo menos a caída de Pedro I o Cruel. Os grandes reis castelán-leoneses da historiografía española ou ben serían meros consortes (caso de Fernando I) ou ben serían reis galaicos (Afonso VI, xustamente o que encarcerou a D. García). Se les con atención o artigo, esta é a posición dos meritorios (nunca me cansarei de repetilo) e infatigables redactores, que mesmo van alén dos, e polo momento minoritarios, defensores da mesma (López Carreira, Camilo Nogueira e Teixeira). A reflexión o que pretende é preguntar: ¿neste gran artigo, á vez prolixo e oceánico, onde quedan os factores explicativos da identidade galega como suxeito histórico ben definido, a da Galicia nuclear como Reino, e a súa personalidade diferenciada a través da súa peculiar traxectoria histórica?

En canto a extensión, creo, con humildade, que neste caso o extenso empeza a ser inimigo do bo, e que, nunha enciclopedia, certa capacidade de síntese é inherente á súa natureza.

Atobar, por ultimo, dicirche que o anonimato é unha opción dentro de wikipedia que resulta ser un bo antídoto fronte o narcisismo aínda que ás veces haxa que sufrir o ton de superioridade dalgún experto que ignora se o anónimo, ao que só lle move cooperar xenerosamente e non busca protagonismo ningún, ten redactado mesmo moitos máis artigos que o experimentado que descualifica de perorata un comentario constructivo feito dende a admiración e consideración aos redactores (como ben se pode aprezar mesmo na literalidade do redactado).—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.116.157.236 (conversacontribucións) 12 de outubro de 2010 ás 18:43

Boas ip! Por suposto que colaborar como anónimo é unha opción, mais é innegable que colaborar cun nome rexistrado ten as súas vantaxes á hora da comunicación sobre todo. Ben, coma case sempre (estou en Madrid) non teño os libros a man, mais xuraría que Pallarés e Portela non son do grupo que indicas, senón máis ben do seguinte (no que metes a López Ferreiro). Cando menos a memoria que teño dos 11 tomos d'A Gran Historia de Galicia que lin así mo indica. Tes razón que o artigo é extenso, pero abranguemos moitísimos anos, e pasan moitas cousas. Pode que algunha sección se poda resumir un chisco e pasar a información completa a artigos separados. Outra cousa, no artigo coido que teñen que saír reflectidas as distintas correntes históricas, máis alá de que en torno a unha se vertebre o artigo... sempre referenciando claro, non se pode dicir que este artigo careza de referencias. Sobre as cuestións que non atopas no artigo (onde quedan os factores explicativos da identidade galega como suxeito histórico ben definido, a da Galicia nuclear como Reino, e a súa personalidade diferenciada a través da súa peculiar traxectoria histórica?) coido que es un bo candidato a completalas, xa que pareces ter interese no artigo, ademais de saber do tema e coñece-la bibliografía. Anímote a colaborar no artigo. --Alberte Si, dígame? 22:24, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Deixando aparte polémicas sobre as que espero que algún día sexamos capaces de lograr un consenso, chámame a atención o que xa dixen para Historia de Galicia: que na caixa de edición apareza unha nota que di que "algúns navegadores poden ter problemas editando páxinas de máis de 32kB", e ao mesmo tempo informa de que agora isto ten 171kB. Pregúntome se esta sextuplicación do tamaño non poderá provocar problemas aos usuarios que consulten este artigo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:56, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Dende o 2003 que comezou a nosa wikipedia coido que o acceso a internet, así coma os navegadores avanzaron bastante. A mensaxe ó meu ver quedou obsoleta. Por exemplo, alguén ten problemas para ver esta páxina de 50 kb? --Alberte Si, dígame? 23:04, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Capitalidade editar

Hola, non adoito escribir nas wikis, así que disculpade se cometo algún erro. O tema é que dende o ano 1563 ata o 1833 (cando se disolve o reino) A Coruña aloxa a Capitanía Xeral, non é este feito suficiente para considerala capital durante a Idade Moderna? Dígoo porque noutros artigos considérano así, por exemplo no artigo da Coruña mesma. Esta incoherencia entre o artigo do Reino de Galicia e A Coruña dase tamén na wiki en castelán e considero que sería importante aclaralo. Eu considero que debería incluirse á Coruña na pestaña inicial de capital e falar deste tema na Idade Moderna, xa que en base a que criterio considérase que Santiago de Compostela segue sendo capital na Idade Moderna? Un saúdo --84.88.161.144 18 de marzo de 2014 ás 19:27 (UTC)Responder

Estado histórico editar

Non sei até que punto é correcta a afirmación do preámbulo (Este artigo trata sobre o estado histórico coñecido como "Reino de Galiza" (século V - 1833)...). Iso de Estado histórico non me convence en absoluto, nin para Galiza nin para Occitania nin para Dinamarca. Eu falaría sempre de territorio histórico, non de Estados históricos. --Atobar (conversa comigo) 09:56, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Por min adiante co troco! --Alberte Si, dígame? 22:27, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Estado do Artigo editar

Caros compañeiros, bon nadal a todos vós. Hoxe cúmprense tres anos e 4 días desde que comezaron as miñas contribucións a este importante artigo, e hoxe tamén é sustancialmente a derradeira achega de conteúdo que fago pola miña parte. Fican aínda pequenos detalles -notas, ligazóns e algúns faragullos- que poderei ir correxindo aos poucos, pero non obstante, a miña contribución neste artigo non debe ir máis aló diso. Coido que o artigo que trata máis de 1400 anos de historia así como outros temas interesantes está moi completo e dota ao lector dunha visión cronolóxica plena, capaz de explicar en termos xerais o que foi o reino de Galicia nos seus 14 séculos de vida. Estou orgulloso de ter contribuido neste artigo con todos vós. Un aperta e bo nadal a todos.--Alexandre Vigo 11:59, 26 de decembro de 2010 (UTC)

Parabéns, Alexandre. Eu penso que este artigo vai para artigo de calidade con só ampliar un chisco máis a introdución, segundo o dito aquí, punto 2.2. O resto dos puntos cúmpreos sobradamente. Quen se anima a completar un pouco máis a introdución?--Paradanta (Cóntame) 12:07, 26 de decembro de 2010 (UTC)
Xa o dixen moitas veces, parabéns por este marabilloso traballo. Realmente fantástico. --Alberte Si, dígame? 14:35, 26 de decembro de 2010 (UTC)
Moitisimas grazas compañeiros. Sen querer caer no tópico, este traballo sabedes, é froito da colaboración de moita xente que correxiu innumerables veces o texto, reparou ligazóns, notas e tamén dos que enchimos conteúdos. Acabo de ler a túa mensaxe Paradanta, e claro que non é ningún atrevemento, hoxe mesmo vou preparar un breve resumo collendo como esquema algúns outros artigos bos e pola miña parte será xa o meu ultimo conteúdo a incorporar neste artigo. Grazas compañeiros, pero a victoria é de todos! :), unha aperta e feliz nadal.--Alexandre Vigo 17:01, 26 de decembro de 2010 (UTC)

Galicia vs. Galiza editar

Este artigo foi creado co título Reino da Galiza polo Usuario:Alyssalovero 25 de xuño de 2004 ás 21:40 [2]. O 19 de abril de 2007 ás 13:32 foi movido por Usuario:Lansbricae ó seu título actual "por motivo da política de uso do topónimo Galicia nos títulos dos artigos", política da que non queda rastro en Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos. Meses despois, o 8 de xuño do 2008, iniciouse unha discusión sobre o uso de Galicia/Galiza no título e no corpo do artigo [3], da que, se sei ler, naceu o consenso para preferir Galicia no título, pero nada se decidiu sobre o texto. Ó longo dos dous anos seguintes seguise editando o artigo sen un criterio uniforme sobre este tema. Entre as últimas edicións, de hoxe mesmo, están algunhas que substituíron Galicia por Galiza. A min tenme igual un nome que outro, pero paréceme unha enorme incongruencia ter un título que fale dunha cousa e un artigo que fale doutra. Dende logo, o lector medio non vai entender a que se debe esa falta de correspondencia. Eu propoño unificar o topónimo empregado no título e no texto, pero prefiro consultalo antes de entrar eu mesmo a editar. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:49, 26 de decembro de 2010 (UTC)

  • A min sempre me pareceu incoherente -falo de coherencia interna- utilizar as dúas formas -lexítimas, xa o sei- dentro dun mesmo artigo, pero moito me temo que é unha batalla perdida. Neste artigo, concretamente, temos máis de 100 coincidencias con "Galiza" e 81 coincidencias con "Galicia". Podo entender que se alguén crea un artigo e opta por Galiza, obrigue ós sucesivos editores dese artigo a respectar esa forma, pero se, coma neste caso, o nome do país xa forma parte do nome do artigo, a lóxica debería levarnos a utilizar a forma Galicia en todo o texto do artigo -salvo citas-. O que xa non sei é se a estas alturas isto ten solución. Pedro --Lameiro (conversa) 23:02, 26 de decembro de 2010 (UTC)
Nos títulos úsase a forma preferente cando se pode escoller, neste caso Galicia; no corpo de texto emprégase a forma que elixiu o primeiro editor, neste caso Galiza (salvo citas literais). Éche así, cambia-las cousas só daría máis problemas, en concreto comprobar se nos artículos cuxo nome inclúa "Galicia" vai no texto Galiza ou Galicia e mudalo para esta última forma, saltando o principio de non muda-la escolla do primeiro editor. Creo que como está agora é o mellor, tampouco dá tanto problema. --Alberte Si, dígame? 23:10, 26 de decembro de 2010 (UTC)
Desculpade porque moita da problemática seguro que a trouxen eu aqui, por non dicir toda, xa que vou dunha norma (filolóxica) a outra dando bandadas. Comprométome a facer o cambio no artigo conforme ás normas que temos a Galipedia -sexan cales sexan-, e que debemos todos acatar. Un saúdo a todos.--Alexandre Vigo 23:25, 26 de decembro de 2010 (UTC)
Eu estou de acordo con Lameiro, paréceme unha incoherencia que o artigo se titule "Reino de Galicia" e fale de "Galiza" no corpo do texto. Persoalmente gústame máis a forma "Galicia" xa que este e o termo que ao final rematou callando na poboación, sendo Galiza, segundo o meu parecer, un termo máis artificioso e menos neutral.--Hugo22 23:30, 26 de decembro de 2010 (UTC)
Problema non dá ningún, home, fágoche eu encantado os cambios neste artigo, que é do que estamos falando. Dos outros xa se fará a medida que se vaian editando. Dende logo deixar algo medio mal porque dá traballo amañalo non é argumento. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:33, 26 de decembro de 2010 (UTC)
  • Sen ánimo ningún de polemizar e deixando dito ao primeiro que eu son dos que escribe Galiza -o meu historial de edicións dá boa proba- pero ao falar varío segundo a quen me estea a dirixir: esa convención dos títulos entendo que foi inexacta no seu momento e imaxino que sería produto do seguinte: existen moitas institucións, a máis relevante seguramente a Xunta de Galicia, que non admiten Galiza nas súas denominacións oficiais malia que os Z e os CIA sexa ambos os dous perfectamente válidos. De aí, supoño que para non complicármonos, colleuse a parte polo todo e fixouse esa norma pola cal nos títulos metemos sempre Galicia -do corpo do texto non se di nada que non sexa o respecto á escolla do primeiro editor-. Pero xa digo que isto non o vexo xusto -e na Galipedia outra cousa non, pero en temas de xustiza e respecto levamos dianteira sobre as demais linguas-, porque o seu sería cinguir os Galicia, no título e mesmo no corpo do texto aos artigos de institucións que só así o recollan, e para o resto debería primar a escolla do primeiro editor. Así as cousas, e posto que tampouco quero eu entrar a repensar ningunha fórmula (porque hai cousas ben máis interesantes nas que nos ocuparmos), neste caso, tal e como temos formuladas as nosas normas e políticas, penso que cumpre un Galicia no título, e Galizas (conforme á escolla primeira) no corpo do texto. Así opino eu, pero por suposto se decidideas CIAS a esgalla, por min ben, que quitar o sono non mo quita. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:55, 26 de decembro de 2010 (UTC)
  • Penso que nos encerellamos de máis con este tema. Eu persoalmente opto por Galiza, pero no fondo tanto me ten empregar unha forma ou outra, de feito escribo Galiza pero ao falar emprego Galicia; xa vedes, esquizofrénico de todo.. :-). Pero non lle vexo a incoherencia por ningures que no título se poña Galicia e no corpo do texto Galiza. Incoherencia por que? E logo non son sinónimos? Que máis dá? Pois que se arranxe logo o tema segundo digan as normas da Galipedia pero, por favor, deixémonos de leas tan nimias, que o importante é que este artigo é magnífico, do mellorciño que hai na Galipedia, e xa lle tarda o seu posto entre os nosos artigos de calidade. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 10:57, 27 de decembro de 2010 (UTC)

Lea ningunha. Isto chámase debate, que é a base do funcionamento de calquera Wikipedia. Sinónimos serán, pero estase vendo que quen emprega un non emprega o outro, de modo que esa sinonimia non é tan clara. Eu en cuestións filosófico-ideolóxicas non entrei nin vou entrar, só quero facer notar que o fin pedagóxico que unha enciclopedia debe ter pérdese, e moito, cando non hai un criterio evidente, e ningún lector vai entender por si só esta discordancia entre título e artigo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:44, 27 de decembro de 2010 (UTC)

Eu estou dacordo con Xoacas en que hai que manter a concordancia entre a forma usada no título e a que se usa no artigo. Non é congruente que nuns sitios haxa unha denominación e noutros outra, independentemente da forma que se use. Si se considera que a forma usada no título non é a correcta entón que se revise iso, se comente e, si é preciso, que volva a cambiarse. Saúdos a todos, --Elisardojm (conversa) 19:27, 27 de decembro de 2010 (UTC)

Eu subscribo o antedito por Atobar, que é, en realidade, o que se planeou hai tempo para estes casos. Voto por Galicia no título e "Galizas" no resto do artigo, respectando así a decisión do primeiro editor, que para min, é un piar de respecto nesta wiki. De todos os xeitos, poderíase argallar unha notiña a pé de páxina ou algunha cousa así, no cabezallo, para lle indicarmos ao lector da páxina o por qué do Galicia no título e Galiza no resto do artigo. Saúdos. --Nonso91 20:08, 27 de decembro de 2010 (UTC)

Bueno, e logo que facemos? Unha votación entre manter a concordancia entre a forma empregada entre título e texto ou deixalo como está? Se é así, no primeiro parece que concordan Xoacas, Lameiro, Hugo22 e Elisardojm; no segundo seica concordamos Alberte, Atobar, Nonso91 e eu mesmo. Vaia, que hai empate. Agardamos máis opinións? Escribo isto por ver de axilizar o tema, se aquí no canto de votación cómpre outra cousa que alguén mo diga. --Paradanta (Cóntame) 23:52, 27 de decembro de 2010 (UTC)

Para mudar un xeito de actuar tan asentado como o de respecta-la escolla da primeira edición, que ata o de agora non deu moito problema nestes anos, penso que habería que abrir un debate na taberna e acadar un amplo consenso. --Alberte Si, dígame? 00:13, 28 de decembro de 2010 (UTC)
Eu estou dacordo con tratar este tema de eminente carácter formal, aínda que penso que se cadra este non é o lugar máis idóneo para facelo, recordemos que ese debate Galicia/Galiza dáse en artigos como; Galiza/Galicia. Por iso, estou dacordo en desprazar isto para a taberna e que seña falado acolá, e finalmente dirimir en: deixar as cousas como están ou mudar a norma da galipedia. En fin, que este non parece o mellor lugar para tratalo! :).--Alexandre Vigo 14:12, 28 de decembro de 2010 (UTC)
  • Pois terá que ser entón algún dos que optan por modificar a norma, ou engadirlle algunha excepción, quen deba iniciar o debate na Taberna. Mentres tanto, enténdese que o artigo está ben como está, xa que é respectuoso coas políticas da Galipedia que rexen actualmente. Saúde! --Paradanta (Cóntame) 15:35, 28 de decembro de 2010 (UTC)

O asunto no fondo, se se decide trocar os "Galizas" por "Galicias", representa unha fenda moi considerábel no xeito de traballarmos perante as formas con dupla escolla, xa que, se aquí non se respecta a decisión do primeiro usuario que era "Galiza", comezariamos co mesmo problema no eido das duplas terminacións, en base ao mesmo argumento. Mesmo se podería defender que xa que empregou, o primeiro editor, esa forma (Galiza), e se realmente se quere respectar a súa escolla; Por qué a discusión non é se trocarmos o nome do título a Galiza, que por outra banda, sería máis rápido e limpo que cambiarmos milleiros de "Galizas" no corpo do texto?

Se ao final, gaña a postura de tirarmos todas as formas "Galizas", porque a forma Galicia é a que goza de preferencia e maior beneplácito político, daquela tamén supoño que teremos que facer unha cruzada entre todos para suprimirmos os feixes e feixes de terminacións -ble e -ería, por exemplo, polas preferentes pola RAG -bel e -aría. Até o de agora, deixábase que cada escritor escollese a súa forma podéndoa aplicar con normalidade no artigo, velando só por unha natural e lóxica coherencia no uso das formas, ou sexa, non mesturar un -bel no primeiro parágrafo e no seguinte un -ble. Así pois, os editores seguintes empregaban a mesma terminación que utilizara o editor orixinario. Como xa se mencionou, con moi bo resultado nestes anos, senón os galipedistas que temos un labor de corrector na Galipedia, coma min, nos quedariamos sen criterio ningún para aplicarmos en presenza de incoherencias nos artigos, e, á larga, xurdirían máis problemas.

Xa que logo, na miña opinión, ou ben fica así, ou se crea unha nova política, de apoio maioritario, que tamén atinxa a estes casos e os solucione satisfactoriamente, do contrario no corpo do artigo deben de aparecer SOAMENTE "Galizas". Saúdos e por min podemos, se queredes, debatelo na taberna.--Nonso91 17:05, 28 de decembro de 2010 (UTC)

Se se me permite opinar, creo que vos estades cargando cun pesado fardo que os nosos académicos non foron quen de tocar nin con un só dedo e por iso non chegaron a un acordo sobre unha forma única ou preferente; se as dúas formas son lexítimas e este é un traballo conxunto, resulta unha pena que se demore a súa consideración como artigo de calidade por un intento de uniformización lingüística naquelo no que normativamente gozamos de liberdade. Creo que o esforzo titánico dos últimos redactores e o labor calado dos primixenios e meritorios iniciadores do artigo non merecen este enredo. O prolixo, documentado e extenso artigo fai desproporcionado e, se se me permite, ata inxusto que se formule este debate precisamente sobre el. E dígooo a pesares de ter manifestado no seu día reservas sobre o seu extenso contido e por recoller un paradigma moi minoritario na historiografía do país e que dilúe a nosa personalidade histórica ao fusionala coa de León e Castela ata períodos moi avanzados. O cortés no quita o valente e creo que se a opinión unánime é, como parece, que este é un artigo de calidade, esta disquisición lingüística modestamente penso que habería que deixala para mellor ocasión e máis acaído lugar. Perdón e Saúdos--91.116.152.201 22:36, 29 de decembro de 2010 (UTC)xalundes--91.116.152.201 22:36, 29 de decembro de 2010 (UTC)

  • Ip, graciñas pola opinión. Só unha cousa: que se debata este tema dos Galicia/za non quita para que se debata tamén sobre outros puntos co gallo sempre de melloralo. É dicir, isto non quita que poida ser de calidade. Tes aquí a votación. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:48, 29 de decembro de 2010 (UTC)

Xa que este artigo vai para artigo de calidade, e por afinar un pouco, ¿non é pouco enciclopédica a afirmación das primeiras liñas de que era un dos territorios máis importantes de Europa? a que nos refirimos ¿por desenvolvemento cultural, demográfico, socioeconómico? Eu, porén, non me cortaría e diría o primeiro territorio constituído en reino no ámbito do Imperio Romano, pois levámoslle a dianteira a francos e vándalos, e xa non digamos ao visigodos e ostrogodos ¿non si?. Disimulade Saúdos e que os Reis Magos sexan indulxentes.--91.116.157.22 21:32, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)xalundes--91.116.157.22 21:32, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

in civitate que vocitatur Legio, territorio Gallecie editar

Perdoade a miña incultura pero, alguén sabe de onde se sacou tanto esta cita como a seguinte? Non estou a decir que estea mal senón simplemente gustaríame sabelo —o anterior comentario sen asinar foi feito por Yeremenko (conversacontribucións) 23:39 do 17 de xaneiro de 2011

Pois tes moitas fontes;
Cita por certo, aínda que moi repetida, parece que non "espertou" a curiosidade nin divulgación de moitos.--Alexandre Vigo 11:27, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Cruces na bandeira e no escudo de armas editar

No SVG do escudo de armas (1), as cruces non coinciden co modelo orixinal en que está inspirado, posto que falta o recrucetado da parte inferior: 2, 3.

Tamén hai outros casos nos que as cruces aparecen representadas sen a punta inferior: 4, 5. Dígoo máis que nada, para deixar constancia, porque nas versións antigas do SVG da bandeira (6) o autor foi variando de tipos de cruces (supoño que tivo dúbidas, porque a primeira versión tiña cruces de Santiago), pero as que cita como fonte ("Pompas fúnebres do emperador Carlos V", 7) semellan non te-la punta inferior e seren simétricas.

En calquera caso, nas diversas fontes, teñan a punta ou non, o que está claro é que son recrucetadas, e no SVG do escudo fáltalle no estremo inferior. Non sei editar SVG, pero comento o asunto para que se saiba.

Saúdos. - Jorges65 (conversa) 20 de setembro de 2014 ás 04:42 (UTC)Responder

Tes razón. Eu comentaríalle, isto mesmo, directamente ao autor, en Commons:User talk:Heralder. --. HombreDHojalata.conversa 20 de setembro de 2014 ás 15:59 (UTC)Responder
Feito. Saúdos. - Jorges65 (conversa) 2 de outubro de 2014 ás 03:37 (UTC)Responder

A disolución do Reino editar

Nesa sección coido que hai certa inexactitude, xa que non foi só o decreto de Javier de Burgos o que eliminou o Reino de Galicia, senón unha cadea de decisións levadas a cabo durante a rexencia de María Cristina nas que tamén se inclúe a supresión en xuño de 1834 da Diputación de los Reinos (nome que tiñan entón as Cortes de Castela nas que participaban tódolos reinos, entre eles o de Galiza), a supresión da figura do Deputado Xeral do Reino de Galicia en xaneiro de 1835, etc. Neste libro relátase mellor o asunto: (1). Tamén a frase "Coa Constitución de Cádiz, asinada en 1812, os liberais conseguiron impoñer as súas teses centralistas, abríndose un período de disolución de todo particularismo que remataría coa eliminación do reino de Galiza en 1833." é incompleta e inexacta, xa que esa constitucion foi promulgada e derrogada varias veces durante o devandito periodo, producíndose un vaivén lexislativo onde as institución e leis do novo réxime liberal eran suprimidas cada vez que era reinstaurado o Antigo Réxime. A isto cabe engadir que a supresión formal do Reino de Galiza levouse a cabo estando en vixencia o Estatuto Real de 1834 (a constitución de 1812 reinstaurouse a partir do Montín de La Granja de San Idelfonso en agosto de 1836; para entón o reino xa fora suprimido). Evidentemente, a vontade da constitución de Cádiz era suprimi-los reinos que existiran tradicionalmente e crear novas provincias (Art. 11. Se hará una división más conveniente del territorio español por una ley constitucional, luego que las circunstancias políticas de la Nación lo permitan.), de feito en 1822 foi creada unha división provincial (2), pero a Xunta do Reino foi finalmente disolta polo réxime do Estatuto Real. Saúdos. ---- Jorges65 (conversa) 16 de abril de 2016 ás 06:15 (UTC)Responder

Soria perteneció a Galicia editar

Lo que aprende uno en la wikipedia de galego, hasta hoy nunca supe que Soria había pertenecido a Galicia, es una lástima que estos mapas tan "rigurosos" sólo los dejen publicar en la wikipedia gallega. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.46.242.115 (conversacontribucións)

Lo cierto es que tienes razón, es una pena que hayas tenido que dar con la "wikipedia de galego" para haber aprendido eso. En cualquier caso lo podrías haber aprendido del burgalés Enrique Florez, autor de España sagrada, theatro geographico-historico de la Iglesia de España, quien ya en el siglo XVIII comentaba eso mismo sobre Soria. Es una pena que otras wikipedias "rigurosas" prescindan de estos datos históricos, por otra parte, bien contrastados y estudiados, incluso por autores españoles y propiamente castellanos. Te dejo el enlace para que les eches un vistazo, dando por hecho obviamente que harás lo propio y pedirás ese mismo rigor a otras wikipedias...:https://books.google.es/books?id=LespsCtrodgC&pg=PA8&dq=Galicia+hasta+cerca+de+Soria&hl=en&sa=X&ved=0ahUKEwirh9n6-aXRAhUDbhQKHXXSAEoQ6AEILTAB#v=onepage&q=Galicia%20hasta%20cerca%20de%20Soria&f=false 88.11.111.207 3 de xaneiro de 2017 ás 12:25 (UTC)Responder

Quizá por eso hay en Soria una villa llamada Deza, topónimo de origen gallego.--95.123.155.86 24 de marzo de 2021 ás 17:22 (UTC)Responder

Ramiro I unxido rei de Galicia e outros detalles editar

1.- Ramiro I foi unxido como rei en Lugo no ano 834, segundo o obispólogo leonés M. Carriedo Tejedo, un dos mayores sabedores en cuestións altomedievais que emprega fontes eclesiásticas directas.

-M. Carriedo Tejedo: "La coronación de Ramiro I en Lugo (enero de 843)", 2002. http://www.seminariodelugo.org/web/images/Lucensia/L-25.pdf

2.- Este mesmo autor confirma o carácter metropolitano de Lugo trala destrucción e ocupación de Braga ate 1060. Isto significa que a sé obispal de Oviedo (que se crea para lexitimar a sé rexia a costa dos territorios pertencentes ás dióceses de Lugo e Britonia: cf. privilexios de Alfonso II (ano 832), Alfonso III (ano 902), Ordoño II (ano 915, 920-924), Concilio de Salamanca de 1154) era sufragaria da sé metropolitana do "regnum cristianorum" que era precisamente a cidade amurallada de Lugo. Isto desbota calquer atisbo de existencia dun reino astúr ou astúr-leonés como defende a manipulada historiografía oficial española. No me extraña que quixeran amordazar a Sánchez-Albornoz cando deu autenticidade ao contido do privilexio de Alfonso II. Isto reflicte a inorme importancia que tivo Lugo (Galletia de Lugo) como única fortaleza coas súas murallas intactas en poder do "regnum cristianorum". É por iso que non se cite ao bispado de Oviedo en un dos eventos mais sonados da época: a Consagración da Igrexa de Santiago de Compostela (ano 899), presidida por Alfonso III, toda a familia real, tódolos bispos coterráneos e foráneos e toda a aristocracia do reino. De feito, ao pouco a sé rexia sería trasladada á estratéxica "ciuitate quae uocantur Legio, territorio Galeciae".

-M. Carriedo Tejedo:"Cronologia de los obispos metropolitanos lucenses de hace un milenio (893-1002)",2000:373-93

http://www.seminariodelugo.org/web/images/Lucensia/L-21.pdf

-M. Carriedo Tejedo: "Obispos metropolitanos de Lucenses del siglo XI (hasta 1060)", 2001:381-96.

http://www.seminariodelugo.org/web/images/Lucensia/L-23.pdf

Para autentificación dos textos medievais:

-C. Sánchez-Albornoz: "Dos documentos sobre Braga y Mondoñedo", 1981:91ss (Da como auténtico o contido do privilexio de Alfonso II. (Foi un texto que creou moito malestar e que foi duramente criticado polas autoridades académicas).

-J. C. Galende Díaz "Estudio paleográfico-diplomático de un privilegio de Alfonso III", CEG, Tomo XLI, fascículo 106, Santiago, 1993-94:113ss.).

privilexio do rei Alfonso II (ano 832):

-H. Flórez "España Sagrada: Theatro geográfico-histórico de la Iglesia de España", tomo XL, Madrid, 1796

P.D. O territorio de Asturias, denantes da creación da súa sé obispal, pertencía xa á diócese de Britonia, que a súa vez dependía do sínodo de Lugo. A reposición territorial que tivo que facer a diócesis de Oviedo foi tralo Concilio de Salamanca do ano 1154. O habilidoso falsificador bispo Pelayo de Oviedo conseguiu mantér coas suas manipulacións a súa diócese e algúns territorios reclamados polas metropolitanas Toledo e Braga, ista derradeira mesmo reclamou o territorio ovetense que legalmente lle correspondía.

Sobre as falsificacións pelaxianas (que tanto influiron na historiagrafía española):

-F. J. Fernández Conde: "Espacio y tiempo en la construcción ideológica de Pelayo de Oviedo", 2003.

http://www.persee.fr/doc/cehm_0396-9045_2003_hos_15_1_1284?q=obispo%20pelayo

(este autor foi duramente criticado polas autoridades académicas e eclesiásticas españolas tralo seu "cum laude" na súa tese doutoral leída no Vaticano (Roma) en 1979).

-Raquel Alonso Alvarez: "El Corpus Pelagianum y el Liber Ecclesiae Oventensis: Las reliquias del pasado de la Catedral de Oviedo y su uso propagandístico en la obra del Obispo Pelayo de Oviedo (1101-1153)", M.F. Alamichel et R. Braid (dir.). Texte et Contexte. Littérature et Histoire de l'Europe médiéval. Michel Houdiard ed., Paris, 2011.

Sobre o uso do término Gallaecia como identificación do reino cristián (enténdase a antiga provincia romana, reino suevo e provincia gótica formada por Brácara, Lucus e Astúrica):

-M. Carriedo Tejedo: "Relaciones ultrapirenaicas de la Provincia "Gallaeciae" (714-1074)":

http://es.calameo.com/books/001109944a38574ddbca7

María Luneau —o anterior comentario sen asinar foi feito por 178.60.41.194 (conversacontribucións)

Galiza e Galicia, revisión do artigo editar

Xa sei que se falou o seu día, pero aínda quedan "Galicia" e "Galiza" no corpo do artigo sen ligazón algunha. Habería que unificar todo baixo o mesmo criterio, neste caso creo que é Galiza. Por outra banda, corrixín algúns erros que atopei no artigo como ]].]], e tras consultar nas fontes pertinentes mudei os Galiza que en realidade debían ser Gallaecia ou Gallecia, por que pode dar lugar a confusión coa actual. Habería que darlle un repaso xeral ao artigo para solucionar eivas como esta e xa que estamos "actualizar" o formato das referencias ás novas políticas para que se sigan os criterios que nos artigos que se están a escoller agora.--AMPERIO (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 18:12 (UTC)Responder

Revisei os Galicia e cambieinos por Galiza onde eran traducións do castelán e noutros sitios que entendo que se usaba como redacción normal do artigo, é dicir, nin títulos de libros nin citas textuais, nin ligazóns a outros artigos, para manter así as escolla do primeiro editor. Ó mellor poderían engadirse redireccións a eses artigos que teñen Galicia no título...O modelo de cronoloxía de Galicia non o cambiei porque está incluído noutros artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 19:32 (UTC)Responder
Grazas Elisardojm, eu non me quixen meter a editar no modelo por iso mesmo. Lendo o artigo deume a sensación de que en moitas ocasións téndese a confundir o termo Gallaecia/Gallice/Galyce con Galicia. Nótese que hai algunha imaxe na que se está falando de Hispania no 1065 pero se fala de Galicia como se o dixéramos hoxe. Nótese que noutros artigos si que se fixo a distinción entre Hispania (referida á Península Ibérica) e España (referida ao Estado), non entendo por que nun artigo considerado de calidade non se fixo tal cousa, sobre todo tendo en conta que case todos os documentos daquela época aínda estaban en latín, e pode que algún xa comezara a estar en galaico-portugués. --AMPERIO (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 10:01 (UTC)Responder
Acabo de ver esta conversa na rede e xa me fixen usuario novo. Tal e como eu o vexo, o problema non afecta só ao termo Galicia senón, en realidade, afectaría a todas as entidades similares. O problema vén dado de que o nome latino de "Galicia" non é outro que "Gallaecia" en latín clásico, e Gallitia, Galletie, etc.. en latín medieval. Vale que a Gallaecia antiga era moito maior que a Galicia actual, pero a última é derivación da primeira..pola mesma razón non poderiamos falar do Portugal medieval e deberiamos falar de Portucale como tampouco de Castela senón de Castella ou Castelle, sen esquecer que os seus territorios foron variando no tempo...--Ambolo (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 18:26 (UTC)Responder
Xa sabemos que Galicia derívase de Gallaecia, como España de Hispania, e neste último caso si que se diferencia un doutro.--AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 18:40 (UTC)Responder
En calquera caso estamos a falar de entidades diferentes. A Gallaecia, que por certo San Isidoro chama "Gallitia", era unha entidade política, mentres que Hispania era básicamente o nome xeográfico da Península ibérica. Entón, cal é o problema que se nos presenta perante esta polisemia?--Ambolo (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 19:26 (UTC)Responder

Outra cousiña que non chego a comprender ben é como se pode facer un vínculo entre o reino suevo de Galicia (conquistado polos visigodos) e o reino de Galicia (desde 711) como se fosen a mesma entidade. O artigo di que a organización territorial herdada de séculos anteriores non mudou, e mesmo as elites culturais, relixiosas así como aristocráticas aceptaron os novos monarcas, que se ben tiñan a súa corte en Toledo, asumían o control político de tres antigos reinos, dando a entender que o reino suevo foi integrado no visigodo e por tanto desaparece, non hai unha continuidade no tempo como se desprende do corpo xeral do artigo (409/410-1833), polo que penso que habería que distinguir o Reino suevo da Gallaecia (ou Galicia se o preferides) e o reino de Galicia. Agora que falaba disto fixeime en que a táboa Cronoloxía do Reino de Galiza fala de que no 409 Os suevos encabezados polo rei Hermerico pactan un foedus con Roma e establécense formalmente na provincia romana da Gallaecia, que pasa a ter rango de reino, con capital en Braga., porén na caixa de información o reino comeza no 410, polo tanto cómpre aclarar isto a ver onde está o erro. De momento isto. Deixo o aviso na cabeceira do artigo por que as referencias que faltan están ao longo deste, indiquei os puntos que penso que a necesitan un a un, aínda que pode que haxa algún máis, non rematei a revisión. --AMPERIO (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 10:16 (UTC)Responder

AMPERIO, eu non controlo tantos detalles da historia de Galicia, como dixen no artigo do reino de Asturias, co que podería axudar sería a revisar referencias e atopar algunha que faga falta. Pero nestes momentos non teño tempo para facelo. O que faría falta sería contar coa axuda dalgún experto en historia, pero non sei que usuario ou usuarios poderían ocuparse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 10:34 (UTC)Responder
O vínculo entre o reino suevo de Galicia e o reino altomedieval de Galicia é a propia entidade territorial. É dicir, que o reino deixe de estar en man duns para estar en man doutros non significa a fin deste, simplemente etapas de goberno distintas, e de feito así é tratado pola bibliografía relativa ao reino de Galicia. No que serva de axuda intentarei procurar as referencias que poda.--Ambolo (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 18:26 (UTC)Responder
Por esa regra de tres aínda vivimos no reino visigodo, porque o vínculo entre o reino visigodo e a actual España "é a propia entidade territorial" non? Ou é o imperio romano?--AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 18:35 (UTC)Responder
Entendo o que queres dicir, aínda os casos son distintos. Explícome. No caso da "magna Galicia" ou "ampla Galicia" que as fontes latinas denominan "Gallitia,et.." e as árabes "Yilliqiya" existe un nexo de unión temporal, un continuum, no caso dos visigodos non, no 711 esa "Hispania" visigoda desaparece, e non é senón cos Habsburgo que se retoma o termo, pero é evidente que non hai ningún nexo de unión entre ambos. Espero terme explicado ben. --Ambolo (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 19:26 (UTC)Responder
Explicaches perfectamente e agradezo o teu amable ton á hora de facelo. Porén discrepo no de que o termo se retome cos Habsburgo, hai fontes anteriores que falan do Imperator totius Hispaniae no 1086, e o obxectivo da Reconquista non foi outro que o de recuperar o reino visigodo da Hispania. Se ben é certo que deixou de existir como tal por mor da invasión musulmá, ese caso tamén debería aplicarse ao reino de Galicia non? --AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 19:34 (UTC)Responder
Desde logo ninguén dixo que isto fose doado. Tes razón, existen fontes anteriores que falan de Hispania, pero ollo, Afonso VI nin Afonso VII chegaron a ser nunca reis da Península Ibérica e aínda máis, o termo "Hispania", na Idade Media, en non poucas veces designaba a Castela e o centro peninsular..así se observa por exemplo no Codex Calixtinus: "Después de la tierra de éstos, una vez pasados los Montes de Oca, en dirección a Burgos, sigue la tierra de los españoles', a saber, Castilla y Campos", ou "Si alguna vez comes en España y en Galicia el pescado que vulgarmente se llama barbo, o el que los del Poitou llaman alosa". En calquera caso, eu creo que, no século XXI, non hai ningún estudo que sosteña que o Reino de España actual (basicamente os territorios sometidos por Castela e non independizados) teña algo que ver co regnum visigothorum, iso creo.--Ambolo (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 21:07 (UTC)Responder

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Ambolo, xa sei que a día de hoxe ninguén defende que España e o reino visigodo sexan o mesmo, evidentemente estaba a exaxerar. Pero precisamente por iso me sorprende que se afirme con toda naturalidade que o reino suevo de Galicia e o reino de Galicia (711-1833) foran a mesma entidade. Non me contas nada novo co de que o termo "Hispania", na Idade Media, en non poucas veces designaba a Castela e o centro peninsular.., estou de acordo, supoño que é o que tiña ser o reino máis "forte". Ollo que non estou negando a existencia do reino de Galicia, é evidente que existiu por todas as fontes que falan del ao longo da historia e sería un erro negalo, pero non acabo de ver a relación entre os suevos e o reino posterior ao 711, cando houbo case 130 anos entre un e outro. Sobre o que comentabas de que a Gallaecia era unha entidade política mentres que Hispania era só o nome para designar a Península, non o teño eu tan claro que fora só iso. Coa reforma de Diocleciano se crea a Diocese de Hispania (que por certo habería que pensar en facer), entendéndose diocese como:

Diócesis (en latín, diœcēsis, διοίκησις dioíkēsis 'administración') era la denominación de una de las divisiones administrativas del Imperio romano tardío, a partir de la tetrarquía. Formaba un nivel de gobierno intermedio, agrupando diversas provincias. Cada diócesis se gobernaba por un vicarius ("vicario") subordinado al prefecto del pretorio.

Polo que eu entendo que tamén chegou a ser considerada como unha entidade "política" na que había provincias.--AMPERIO (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 12:00 (UTC)Responder

Desculpa a demora, precisamente veño de engadir dúas referencias máis. Entendo o que me transmites, aínda que lóxicamente hai puntos nos que discrepo. Si, a diócese de Hispania existiu, por certo que inclusa dentro da Prefectura das Galias, pero tamén é certo que metade do seu territorio estaba no norte de África..., de modo que se fai difícil imaxinar a continuación de dita entidade. Revisei estes días o libro referencial, O reino medieval de Galicia de López Carreira, e vexo que el tamén considera o dominio visigodo como unha etapa máis do reino, non nunha ruptura ou disolución deste. Por outra parte, revisei artigos como Imperio español e tampouco apreciei ningún tipo de cuestionamento de dita entidade, a pesar de ser sido gobernada por reis aragoneses, casteláns, flamengos, franceses, etc.. e ter mudado xeográficamente no tempo, e aínda sen un título imperial propio. Non estou seguro como podemos chegar a un acordo... as fontes da época, como gran parte da historiografía galega consideran á monarquía sueva como un período máis do reino, un reino que os visigodos pasan a gobernar pero cuxa entidade, en ningún caso cuestionaron. En canto ás referencias intentarei ir enchendo aínda que vin algunhas que, humildemente creo que por unha certa subxectibidade ("un dos máis importantes") deberan mudar..Grazas.--Ambolo (conversa) 18 de marzo de 2018 ás 08:46 (UTC)Responder

Penso que se repite moitas veces Reino de Galiza sen necesidade, en moitas delas simplemente se pode arranxar poñendo do reino por que xa se entende que é de Galicia. Hai varias seccións como Galiza e a primeira guerra civil de Castela (1366-1369) (0), As guerras irmandiñas (1431-1469) (0) , Resistencia dos nobres galegos ós Reis Católicos(5), O reinado de Carlos V. O comezo do absolutismo. (1), A política de Filipe II no reino (1556-1598) (4), A instauración dos Borbóns (século XVIII)(0), A Ilustración no reino (1746-1788) (0), e así outras tantas, que precisan de máis referencias, as cifras en paréntese son as que hai. --AMPERIO (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 17:58 (UTC)Responder

Quizais no seu día si que cumpría os criterios para ser escollido artigo de calidade, pero a día de hoxe, ao meu entender, non cumpre con todos os criterios de O que é un artigo de calidade, polo que habería que adaptalo ás novas políticas de escolla. --AMPERIO (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 18:06 (UTC)Responder
  • Velaquí a comparativa do artigo tal e como estaba o 29 de xaneiro de 2011, cando foi distinguido como artigo de calidade (con 10 votos favorables e 2 negativos), e o artigo como está hoxe, 7 de marzo de 2018. En esencia, penso que é o mesmo pero mellorado, ampliado e adaptado á estética que mudou cos anos. Non vexo procedente o marcador xeral no inicio (se non me engano, algo inédito nun artigo de calidade). Bastaría con sinalar os lugares que presentan dúbidas co modelo cómpre ferencia, moito máis específico, para que os usuarios poidamos achegalas e seguir polo tanto puíndo a entrada. --Atobar (conversa comigo) 7 de marzo de 2018 ás 19:09 (UTC)Responder
    • Equivócaste co de inédito nun artigo de calidade, aínda que non é exactamente o mesmo en Vera Zasulich se puxeron ata dous, cando tamén se podía ter comentado na conversa, e ninguén puxo o grito no ceo. Se o ves menos "invasivo" vexo ben en cambialo ao modelo {{Aviso}} como se fillo alí. Me parece estupendo que o artigo se mellorara desde entón, é o normal e o que se debería facer en todos, eu mesmo actualicei en varias ocasións o artigo Nova Zelandia para ir actualizando os datos. Aínda así mantéñome no dito sobre as referencias, como comprenderás non vou a poñer un cómpre referencia en cada afirmación que hai sen referenciar, xa puxen algúns e enunciei algunhas das seccións que non teñen nin unha soa referencia, cando na política sobre o tema pon claramente Ser consistente no uso de referencias e citas ao pé seguindo un mesmo padrón para todas elas, ben en formato detallado ou ben en formato curto tipo Harvard cando sexa axeitado, reutilizando as mesmas cando sexa posible para evitar duplicidade. Recoméndase o uso de modelos de citas, aínda que non é obrigatorio.. En todos os artigos que se están escollendo agora é un criterio que se ten bastante en conta.--AMPERIO (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 19:33 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Reino de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 11:51 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Reino de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 13:56 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (novembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Reino de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 11 de novembro de 2018 ás 13:40 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Reino de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de setembro de 2019 ás 14:54 (UTC)Responder

Volver á páxina "Reino de Galicia".