Constance Ortmayer

escultora e deseñadora de moedas estadounidense

Constance Ortmayer, nada en Nova York o 19 de xullo de 1902 e finada en Morristown, Tennessee, o 15 de maio de 1988, foi unha escultora e deseñadora de moedas estadounidense.[1]

Infotaula de personaConstance Ortmayer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1902 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte15 de maio de 1988 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Morristown, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora , artista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Constance Ortmayer naceu en 1902 en Nova York, filla de Mildred Cerny e do litógrafo Rudolph Joseph Ortmayer. Cursou o seu ensino secundario na New York High School entre 1914 e 1916. Descubriu o seu talento artístico na escola de verán Bryn Mawr e posteriormente formouse en escultura na súa cidade natal.[2][3]

En 1927 viaxou a Europa para continuar a súa formación na Academia de Belas Artes de Viena, en Austria,[4] en cuxa Escola Superior de Arte estudou entre 1930 e 1932, para acadar un mestrado en Belas Artes, contando entre os seus mestres os escultores Franz Plunder e Josef Müllner.[2] Logo da súa graduación en Viena, Ortmayer visitou os grandes centros artísticos europeos, en países como Austria, Alemaña, Francia, Bélxica, Italia, Inglaterra, Noruega, Suecia e Dinamarca.[3]

 
Arcadia (1939), de Ortmayer, no edificio de Correos de Arcadia, Florida.

Ao seu regreso aos Estados Unidos foi asesora técnica de escultura na Sección de Pintura de Escultura do Departamento do Tesouro, en Washington, encargada dos elementos artísticos dos edificios públicos.[2][3]

En 1937 renunciou ao seu posto na Sección de Pintura e Escultura e incorporouse ao cadro docente do Rollins College, de Winter Park, Florida.[4] Ortmayer ensinou Escultura nesta institución académica, primeiro como instrutora (1937-1941), logo como profesora adxunta (1941-1944), despois como profesora asociada (1944-1947) e finalmente como profesora titular, ata 1868, cando se xubilou,[2] para dedicar máis tempo á actividade creadora e ao coidado da súa nai anciá. No Rollins College, ademais do seu labor docente, achegou a súa creatividade artística deseñando a base do Monumento á Paz, en 1938.[3]

Entre outras entidades eruditas e artísticas, Ortmayer formou parte da National Sculpture Society, do Florida Artist Group, da Florida Federation of Art e da Orlando Ceramic Society. [3]

Constance Ortmayer faleceu en Morristown, Tennessee, o 15 de maio de 1988.[3]

 
Medio dólar do Centro Musical de Cincinnati, deseñado por Ortmayer en 1936.

Recoñecementos editar

Ortmayer recibiu ao longo da súa traxectoria artística o premio Anna Hyatt Huntington, pola súa obra Aprilis, o premio de arquitectura Henry O. Avery, por The Bather, e un premio ao mérito pola mellor obra da Federación de Arte de Florida. En 1947, o Rollins College concedeulle a súa condecoración de honra.[3]

Obra editar

 
Alabama Agriculture (1940), de Ortmayer, no edificio de Correos de Scottsboro, Alabama.

Entre os seus traballos pódense destacar dous baixorrelevos para senllas oficinas do Servizo Postal dos Estados Unidos: Arcadia, para a oficina de Arcadia, Florida, e Alabama Agriculture, para a oficina de Scottsboro, Alabama.[5] Tamén é salientable a súa escultura The Spirit of the Theatre, para o teatro Anne Russell do Rollins College.[3]

A Ortmayer encomendóuselle tamén o deseño da moeda de medio dólar de prata conmemorativa do Centro Musical de Cincinnati, emitida en 1936,[4] que lle valeu a representación permanente da American Numismatic Society, de Nova York.[3] Inicialmente, a Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, desautorizara o deseño proposto por Ortmayer para esta moeda,[6][7] mais finalmente foi aprobado pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, cunha representación do músico Stephen Foster no anverso e unha alegoría feminina da música, tanguendo unha lira, no reverso.[2][8][9]

Ademais, Ortmayer creou unha medalla para a Academia de Ciencias de Florida e numerosos premios para o Rollins College,[4] como as medallas Hamilton Holt, William Fremont Blackman, George Morgan Ward, Roy E. Crummer e Jubilee.[3]

Notas editar

  1. "Hermon A. MacNeil". Smithsonian American Art Museum.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Constance Ortmayer (1902-1988)". En Price Davis, A.; Emerson, J.S. (2015). Páxinas 163-167.
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 García, A. "Constance Ortmayer (1902-1988): Renowned Artisan and Professor of Sculpture". Rollins College (Lib.rollins.edu).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Smith, P. (2012).
  5. "Alabama Agriculture". En Price Davis, A.; Emerson, J.S. (2015). Páxina 163.
  6. Flynn, K. (2008). The Authoritative Reference on Commemorative Coins 1892-1954. Kyle Vick, Roswell. Páxina 266.
  7. Taxay, D. (1967). An Illustrated History of U.S. Commemorative Coinage. Arco, Nova York. ISBN 978-0-668-01536-3. Páxina 182.
  8. "Cincinnati Music Center Half Dollar". United States Mint.
  9. Starck, J. (2010).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Price Davis, A.; Emerson, J.S. (2015). New Deal Art in Alabama. McFarland & Co., Jefferson. Páxina 163. ISBN 978-0-7864-9829-1
  • Smith, P. (2012). "Ortmayer, Constance". En American Numismatic Biographies. Páxina 319.
  • Starck, J. (2010). "Cincinnati Music Center Coin Designer Has Varied Career". En Coin World. 29 de marzo. Páxinas 56, 58, 80.