Conspiración Coudenhove-Kalergi
A conspiración Coudenhove-Kalergi, máis coñecida como Plan Kalergi, é unha teoría de conspiración difundida en círculos ultraconservadores, antisemitas, nacionalistas brancos e de extrema dereita no mundo occidental desde a década de 1970. Fai referencia a un suposto proxecto xa en curso que promove a mestura entre persoas brancas con grupos inmigrantes non brancos procedentes do Terceiro Mundo co fin de eliminar a raza branca do planeta.[2][3][4][5] Segundo a teoría, o plan foi creado polo austríaco Richard Coudenhove-Kalergi e posteriormente difundido en círculos sociais europeos aristocráticos.[6]
A teoría de conspiración asóciase principalmente a grupos e partidos de Europa e América do Norte. Porén, no século XXI, o Plan Kalergi viuse un incremento dos seguidores en América Latina, especificamente en México e o Cono Sur. Este feito está relacionado coas comunidades de colonos brancos e descendentes de crioulos ante as migracións centroamericanas, andinas e caribeñas aos seus respectivos territorios.[7][8] Moitas veces o plan Kalergi é concibido como sinónimo doutras teorías conspirativas, entre elas o marxismo cultural e o xenocidio branco.[9][10]
Orixes
editarSegundo a revista Il Foglio, o escritor austríaco Gerd Honsik, destacado negacionista do Holocausto, comezou a publicar obras que distorsionaban os escritos de Richard Coudenhove-Kalergi na década de 1970.[11] As controvertidas interpretacións de Honsik culminaron no seu libro Kalergi Plan de 2005.[12] O xornal de investigación Linkiesta describiu o Plan Kalergi como un engano comparábel á fabricación antisemita dos protocolos dos sabios de Sion. Nun esforzo por loitar contra unha «invasión hispana de Texas», o supremacismo branco de orixe estadounidense adheriuse á teoría de conspiración da gran substitución.[13][14]
Influencia
editarO grupo de interese Hope Not Hate, de tendencia antirracista e antifascista, describiuno como unha teoría de conspiración racista. Alega que Kalergi pretendía influír nas políticas europeas sobre inmigración para crear unha «poboación sen identidade» supostamente gobernada por unha elite xudía.[15] O Southern Poverty Law Center, unha ONG a prol dos dereitos civís, salienta que o mito do Plan Kalergi é «unha maneira claramente europea de empurrar a narrativa do xenocidio branco no continente, con nacionalistas brancos que citan fóra de contexto os escritos de Kalergi para afirmar que as políticas de inmigración da Unión Europea son tramas insidiosas incubadas hai décadas para destruír a xente branca».[16]
Na novela de 2018 Middle England, o autor Jonathan Coe satiriza o Plan Kalergi co seu personaxe do teórico da conspiración Peter Stopes.[17]
George Soros, como na maioría de teorías de conspiracións vencelladas co sionismo, é acusado de estar detrás do Plan Kalergi.[18]
Notas
editar- ↑ Jules Verne, el plan Kalergi y el fin de la “raza” blanca. Publicado o 19 de maio de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ Out of the Shadows: Conspiracy Thinking on Immigration. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ ¿En qué consiste la teoría de la conspiración sobre el Plan Kalergi? Publicado o 30 de abril de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ La teoría del Plan Kalergi en las redes sociales. Publicado o 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ TPUSA Shares Photo with Visual Nod to ‘White Genocide’ Conspiracy Theory. Publicado o 12 de abril de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ Letters: Antisocial media turns Leavers into Brexit extremists. Arquivado 29 de marzo de 2020 en Wayback Machine. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ El Plan Kalergi en Europa y Latinoamérica. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ El Genocida Plan Kalergi de Destruir a Las Naciones y Pueblos Indígenas de Europa. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ Cultural Marxism. Publicado o 26 de setembro de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ ORGANIZATION CANDACE OWENS REPRESENTS SHARES, THEN DELETES, PHOTO INADVERTENTLY PROMOTING WHITE GENOCIDE CONSPIRACY DAYS AFTER HER TESTIMONY. Publicado o 12 de abril de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ Il perfido Soros. Publicado o 28 de xaneiro de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ Che cos’è – o sarebbe – il “Piano Kalergi”. Publicado o 16 de xaneiro de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ Cos’è il piano Kalergi, la bufala dei migranti che uccideranno gli europei. Publicado o 28 de setembro de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ Luke Darby, How the 'Great Replacement' conspiracy theory has inspired white supremacist killers, Guardian, 5 AUGUST 2019.
- ↑ EXPOSED: FOR BRITAIN AND THE “WHITE GENOCIDE” CONSPIRACY THEORY. Publicado o 18 de abril de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ Day of the trope: White nationalist memes thrive on Reddit's r/The_Donald. Publicado o 19 de abril de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ Middle England by Jonathan Coe review – a bittersweet Brexit novel. Publicado o 16 de novembro de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ Quién es el magnate George Soros y por qué es blanco del odio de la ultraderecha de Estados Unidos (y de otros países). Publicado o 25 de outubro de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2019.