Conferencia Internacional de Paz de San Sebastián

A Conferencia de Paz de San Sebastián celebrouse no Palacio de Aiete da cidade guipuscoana de Donostia (País Vasco) o día 17 de outubro de 2011. Acudiron personalidades internacionais da política e da paz, tales como Kofi Annan, Bertie Ahern, Gro Harlem Brundtland, Pierre Joxe, Gerry Adams e Jonathan Powell.

A Conferencia momentos antes de iniciarse, detrás están situados os delegados internacionais, no centro os organizadores e nos lados os políticos, sindicatos e axentes sociais vascos.
Mesa principal da Conferencia na que están sentados os Seis de Aiete, de esquerda a dereita: Jonathan Powell, Pierre Joxe, Kofi Annan, Gro Harlem Brundtland, Bertie Ahern e Gerry Adams.
Os Seis de Aiete.
O Palacio de Aiete, local da Conferencia Internacional de Paz de San Sebastián.
Os Seis de Aiete, de esquerda a dereita: Jonathan Powell, Gerry Adams, Bertie Ahern, Kofi Annan, Gro Harlem Brundtland e Pierre Joxe.

Participantes editar

Organizadores[1]
Partidos políticos
Institucións
Patronal
Sindicatos
Os Seis de Aiete[2]

Declaración editar

Vídeo do momento da lectura da Declaración da Conferencia Internacional de Paz de San Sebastián por Bertie Ahern en inglés con subtítulos en éuscaro.

A declaración foi lida integramente en inglés polo ex-primeiro ministro da República de Irlanda, Bertie Ahern:

Viñemos ao País Vasco hoxe porque cremos que chegou a hora e a posibilidade de finalizar a última confrontación armada en Europa.

Cremos que este obxectivo pode ser acadado agora co apoio de toda a cidadanía, dos seus representantes políticos e co de Europa e a ampla Comunidade Internacional. Queremos aclarar que non viñemos aquí hoxe para impoñer algo ou pretender que temos o dereito ou autoridade de ditarlle á cidadanía deste país, aos seus diversos actores e representantes políticos, o que se debe facer.
Mais viñemos con boa fe e coa esperanza de poder ofrecer ideas desde a nosa propia experiencia resolvendo longos conflitos que aflixiron ás nosas propias sociedades e pobos, así como doutros que axudamos a resolver. Sabemos desde a nosa propia experiencia que lograr a fin dunha situación de violencia e conflito, e lograr unha paz duradeira nunca é fácil. Requírese valentía, vontade de tomar riscos, compromisos profundos, xenerosidade e visión de home de estado. A paz vén cando o poder da reconciliación pesa máis que os hábitos do odio; cando a posibilidade do presente e do futuro é infinitamente mellor que a amargura do pasado. Sabemos tamén da nosa propia experiencia que cando hai unha verdadeira oportunidade para alcanzar a paz debe ser aproveitada. A crecente esixencia da cidadanía deste país e os seus representantes políticos para superar o conflito mediante o diálogo, a democracia e a completa non violencia, creou esta oportunidade.
En base a isto cremos que é posible rematar hoxe con máis de cincuenta anos de violencia e chegar a unha paz xusta e duradeira. Por todo isto:
1.- Chamamos a ETA a facer unha declaración pública do cesamento definitivo da actividade armada, e solicitar diálogo cos gobernos de España e Francia para tratar exclusivamente as consecuencias do conflito.
2.- Se dita declaración fose realizada instamos aos gobernos de España e Francia a darlle a benvida e aceptar iniciar conversacións para tratar exclusivamente as consecuencias do conflito.
3.- Instamos a que se adopten pasos profundos para avanzar na reconciliación, recoñecer, compensar e asistir a todas as vítimas, recoñecer a dor causada e axudar a curar as feridas persoais e sociais.
4.- Na nosa experiencia de resolver conflitos hai normalmente outras cuestións que se son tratadas poden axudar a unha paz duradeira. Suxerimos que os actores non violentos e representantes políticos se reúnan e discutan cuestións políticas así como outras relacionadas ao respecto, con consulta á cidadanía, que podería contribuír a unha nova era sen conflito. Na nosa experiencia terceiras partes observadoras ou facilitadoras axudan ao diálogo. Aquí, o diálogo tamén podería ser asistido por facilitadores internacionais se así fose decidido polas partes involucradas.
5.- Estamos dispostos a organizar un comité de seguimento destas recomendacións.
Donostia

17 de outubro de 2011[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar