Compostela, vanguardia y sosiego

libro de fotografías de Xurxo Lobato

Compostela, vanguardia y sosiego é un libro de fotografías de Xurxo Lobato, publicado no ano 2000 con Lunwerg Editores, sobre a cidade de Santiago de Compostela, os seus recunchos, monumentos, personaxes singulares, costumes, festas, tradicións vistas desde a súa singular óptica.

Compostela, vanguardia y sosiego
Título orixinalCompostela, vanguardia y sosiego
Autor/aManuel Rivas, Xerardo Estévez
Ilustrador/aXurxo Lobato
CubertaXurxo Lobato
OrixeEspaña
LinguaCastelán e inglés
Tema(s)Fotografía
Xénero(s)Fotografía
EditorialLunwerg editores
Data de pub.2000
FormatoLibro
Páxinas221
ISBNISBN 84-7782-650-1
TraduciónBoquela Traductores e William Truini
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Está precedido por dous textos (en castelán e en inglés), o primeiro deles publicado por Manuel Rivas titulado "El hábitat de la ensoñación".

No seu relato, Rivas conta como un case cego Jorge Luis Borges é guiado ata a cabeza do mestre Mateu e como nese instante ata puido ver toda a policromía perdida do Pórtico da Gloria coa forza da imaxinación, esa é a forza que para Rivas teñen as pedras de Santiago, que están para seren soñadas, tocadas, están vivas. O camiño é un camiño para chegar ao inicio non ao fin.

Como noutros textos de Rivas fai unha mestura de distintos temas, neste caso, do simbolismo do camiño, o mundo onírico, o santuario e finalmente a obra final que o peregrino atopa na fin da súa viaxe: O Pórtico da Gloria, obra sublime da arte galega.

O segundo texto que aparece no libro é "Compostela, la ciudad de las vanguardias", asinado por Xerardo Estévez, que fai unha especie de síntese da historia da cidade e da importancia do camiño ao longo dos séculos baseándose para iso en citas de textos como o Codex Calixtinus[1], Compostela y su ángel (1948) de Gonzalo Torrente Ballester, Andanzas y visiones españolas (1912) de Miguel de Unamuno, Ante la historia compostelana (1981) de Claudio Sánchez Albornoz, El Camino de Santiago (1965) de Álvaro Cunqueiro, Vita Nova de Dante Alighieri, Peregrinación por la fe de Erasmo, Memorial por el Patronato de Santiago (1627) de Francisco de Quevedo, En las orillas del Sar (1884) de Rosalía de Castro, La lámpara maravillosa (1913) de Ramón María del Valle-Inclán, Guía de Santiago de Compostela (1943) de Ramón Otero Pedrayo, La Biblia en España (1967) de George Borrow, trad. por Manuel Azaña; Ángeles de Compostela (1940) de Gerardo Diego, Seis poemas galegos (1935) de Federico García Lorca e El desvío a Santiago (1992) de Cees Nooteboom.

O texto de Manuel Rivas foi traducido ao inglés por Boquela Traductores, mentres que o de Xerardo Estévez foi traducido por William Truini.

Notas editar

  1. Liber Sancti Jacobi, libro I e Liber Peregrinationis, libro V