• Este artigo trata sobre a palla, para o tipo de cuberta véxase colmado.

O colmo (do latín culmus, palla de centeo[1]) refírese á palla escollida dalgúns cereais como o centeo, o trigo, o orxo ou a avea[2]. O colmo, ademais de servir como estrume, era tradicionalmente empregado coma material de recubrimento e impermeabilización, tanto para a construción de cubertas vexetais coma para a confección de prendas de abrigo, como as corozas.

Colmo cuberto de mofos e liques nunha cuberta vexetal.
Colmo coma cubrición dun hórreo no concello de Cervantes (Os Ancares).
Detalle do talo dun bambú imperial.

As cubertas vexetais, chamadas colmados, utilizábanse en palleiras, alpendres, celeiros e outras construcións rústicas. Este tipo de cubertas aparecen en todos os continentes. En Europa mantéñense vivas incluso coma cubertas de vivendas na Europa atlántica, principalmente nas Illas Británicas e o noroeste da Península Ibérica: como por exemplo nas pallozas galegas e nos teitos asturleoneses, últimos vestixios das vivendas circulares con cubertas vexetais dos castros atlánticos prerromanos.

Nun contexto botánico, o termo colmo, designa o tipo de talo encontrado noutras gramíneas como a cana de azucre, o millo, o arroz e o bambú; talos nos que os nós e os entrenós son ben visibles, e poden ser ocos (bambú) ou cheos (cana de azucre).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar