Cochin, en portugués Cochim,[1] en malayalam: കൊച്ചി, Kochi é a cidade máis grande do estado de Querala, na India cerca de 220 km ao norte da capital do estado, Tiruvanantapura. Formou parte do Estado Portugués da India entre 1503 e 1663. Hoxe pertence ao distrito de Ernakulam. É un dos principais portos na costa occidental do país. Tamén é a maior cidade da India que non ten máis da metade dos seus habitantes que profesan o hinduísmo.[2]

Modelo:Xeografía políticaCochin
കൊച്ചി (ml) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 9°58′N 76°17′L / 9.97, 76.28Coordenadas: 9°58′N 76°17′L / 9.97, 76.28
PaísIndia
Estado da IndiaKerala (pt) Traducir
Distrito da IndiaErnakulam district (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación677.381 (2011) Editar o valor em Wikidata (7.139,34 hab./km²)
Xeografía
Superficie94,88 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude0 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal682 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0484 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcochinmunicipalcorporation.kerala.gov.in Editar o valor em Wikidata

Topónimo editar

Os xeógrafos, viaxeiros e comerciantes antigos referíanse ao asentamento nos seus escritos como Cochim, Cocym, Cochym, Cochin e Cochi.

Demografía editar

A cidade de Cochin ten cerca de 600.000 habitantes, e a súa área metropolitana, mais de 1.500.000 habitantes, tornándoa a maior área urbana de Querala, a pesar de Tiruvanantapura ter, nos límites da cidade, mais habitantes que Cochin.

Linguas editar

Como noutros centros urbanos da India, a lingua inglesa é falada, con distintos graos de soltura, por unha gran parte da poboación.

Historia editar

Idade Media editar

En 1102, Cochin converteuse na sede do Reino de Cochin, un principado con vínculos co Imperio Kulasekhara. Considerada como a "Raíña do Mar Arábigo", foi un importante centro de comercio de especias na costa dese mar desde o século XIV.

Idade Moderna e Contemporánea editar

Ocupado por forzas portuguesas en 1503, pasou a ser un asentamento colonial europeo na India. Permaneceu a capital da India portuguesa até 1510, cando os portugueses elixiron Goa como a súa capital.

 
Cochin (Old Kochi), India

Máis tarde foi ocupada polos holandeses, os mysores e os británicos.

Séculos XX e XXI editar

 
Plano da cidade portuguesa de Cochim, no "Livro das Plantas de Todas as Fortalezas", 1635

En 1947, cando a India obtivo a súa independencia do poder colonial británico, Cochin foi o primeiro principado en unirse voluntariamente á Unión India.[3]

Cochin creceu como un centro para a industria do transporte, o comercio internacional, o turismo e as tecnoloxías da información e da comunicación. É a localización comercial máis importante de Querala[4] e unha das metrópoles secundarias de máis rápido crecemento da India. Do mesmo xeito que outras grandes cidades dos países en desenvolvemento, Cochin segue loitando con problemas de urbanización como a conxestión do tráfico e o impacto ambiental da actividade humana.

Hoxe, a cidade mantén unha herdanza colonial de culturas e mestura tradición e modernidade.

Patrimonio editar

Entre os moitos puntos históricos da cidade, relacionados co inicio do período colonial, destacan a Igrexa de San Francisco, onde foi enterrado Vasco da Gama (despois trasladado a Portugal), a Fortaleza de Cochin e a Sinagoga Paradesi, construída en 1568.

Edificios históricos editar

  • Igrexa de S. Francisco (1503), construída polos portugueses coa tumba baleira de Vasco da Gama
  • Museo Indo-portugués
  • Basílica de Santa Cruz
  • Santuario construído xunto á Basílica de Santa Cruz dedicada á Nosa Señora de Fátima
  • Distrito da fortaleza de Cochin
  • Sinagoga de Cochin (1568)
  • Palacio de Mattancherry

Notas editar

  1. Paulo, Correia (2020). "Toponímia da Índia — breve análise" (PDF). p. 4. ISSN 1830-7809. Consultado o 8 de outubro de 2020. 
  2. Census of India, Religious demographics, 2001 - List of cities by population; Kochi: (Hindus 47%, Christians 35%, Muslims 17%)
  3. Corporation of Kochi. "History and culture of Kochi". Arquivado dende o orixinal o 2006-05-03. Consultado o 23-5-2006. 
  4. "The Economy - Trade & Industry in Kochi". Arquivado dende o orixinal o 2006-05-03. Consultado o 2006-05-23. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.