Cliff Curtis

actor neozelandés

Clifford Vivian Devon Curtis nado o 27 de xullo de 1968 en Rotorua, na Illa Norte de Nova Zelandia, é un actor neozelandés de etnia maorí.

Cliff Curtis
Cliff Curtis by Gage Skidmore 2.jpg
Cliff Curtis no 2016.
Nome completoClifford Vivian Devon Curtis
Nacemento27 de xullo de 1968 (54 anos)
LugarRotorua, Illa Norte Nova Zelandia Nova Zelandia
NacionalidadeNova Zelandia
Educado enToi Whakaari, Western Heights High School e John Paul College, Rotorua
ProfesiónActor
Na rede
IMDB: nm0193295 Allocine: 22533 Allmovie: p195626 TCM: 42438 TV.com: people/cliff-curtis Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a actuar en producións de teatro nos musicais Fiddler on the Roof e The Man of La Mancha antes de ir á The New Zealand Drama School e ó Teatro Dimitri Scoula en Suíza. Traballou en varias empresas de teatro neozelandesas, incluíndo Mercury Theatre, e Centre Point.

O seu primeiro papel no cinema foi no filme nomeado ó Premio Oscar, The Piano. Outros notábeis papeis no cine neozelandés foron Once Were Warriors, Desperate Remedies, River Queen e Whale Rider.

Dende entón, apareceu en filmes como Blow, Bringing Out the Dead, Sunshine, e Push, en 2009.

En 2004, xunto co produtor Ainsley Gardiner, formou a produtora de cine independente Whenua Films. Os obxectivos da empresa son apoiar o crecemento dos actores indíxenas neozelandeses, e ser solidario cos cineastas locais de curtametraxes.

No filme de M. Night Shyamalan, The Last Airbender, estreado en 2010, interpretou o Señor do Lume Ozai.

FilmografíaEditar