Abrir o menú principal

The Piano (en galego O Piano), é unha longametraxe dirixida por Jane Campion que foi estreada en 1993. O filme foi escrita e dirixido por Jane Campion, e protagonizada por Holly Hunter, Harvey Keitel, Sam Neill e Anna Paquin. A banda sonora do filme foi interpretada por Michael Nyman e converteuse nun éxito de vendas. Hunter tocou as cancións nas súas escenas, e tamén lle deu clases de piano a Paquin. O filme foi rodado en inglés, maorí e en lingua de sinais.

The Piano
Ficha técnica
Título orixinalThe Piano
DirectorJane Campion
ProdutorJan Chapman
GuiónJane Campion
IntérpretesHolly Hunter
Anna Paquin
Harvey Keitel
Sam Neill
Kerry Walker
Genevieve Lemon
Tungia Baker
Eru Potaka-Dewes
Cliff Curtis
MúsicaMichael Nyman
FotografíaStuart Dryburgh
MontaxeVeronika Jenet
EstudioAustralian Film Commission
DistribuidoraCiby 2000
Estrea1993
Duración121 minutos
OrixeNova Zelandia Nova Zelandia
Australia Australia
Flag of France.svg Francia
XéneroDrama
Orzamento$7 000 000
Recadación$140 000 000

Índice

ArgumentoEditar

The Piano conta a historia dunha muller escocesa, Ada McGrath (Holly Hunter), cuxo pai a vende en matrimonio a un home, Alistair Stewart (Sam Neill), e é enviada xunto coa súa nova filla Flora (Anna Paquin) e o seu piano a vivir con el a Nova Zelandia. Ada é muda, e non dixo unha palabra dende hai anos, substituíndo a súa voz pola música do piano, mentres que a súa filla lle serve de tradutora na súa comunicación a través da lingua de sinais.

Ada e Flora chegan a Nova Zelandia, sendo abandonadas xunto coas súas pertenzas pola tripulación do barco no que chegaron dende Escocia. O seu novo marido obriga a Ada a deixar o piano na praia, sendo logo vendido a George Baines (Harvey Keitel), veciño de Stewart e entusiasta da música de piano, quen lle pide a Ada que lle imparta clases. A partir de aquí, comeza unha relación entre Ada e George, que marcará o devir da historia.

PremiosEditar

  • 1993: 3 Premio Oscar: Mellor actriz (Hunter), actriz secundaria (Paquin), guión orixinal. 8 Nomeamentos.
  • 1993: Globo de Ouro: Mellor actriz drama (Holly Hunter). 6 Nomeamentos.
  • 1993: 3 premios BAFTA: Actriz (Hunter), montaxe, vestiario. 10 Nomeamentos.
  • 1993: 2 premios no Festival de Cannes: Palma de Ouro, mellor actriz (Hunter).
  • 1993: Cesar: Mellor película estranxeira.
  • 1993: National Board of Review: Mellor actriz (Holly Hunter).
  • 1993: 3 premios Círculo de críticos de Nova York: Actriz (Hunter), director, guión.

Véxase taménEditar