Día de adestramento
Día de adestramento (en inglés: Training Day) é un filme de 2001 dirixido por Antoine Fuqua. Os actores principais son Denzel Washington e Ethan Hawke. Toda o filme ten lugar na cidade dos Ánxeles durante un período de 24 horas que cambiará a vida de ambos policías. A historia foi escrita por David Ayer. Fuqua quería que a película parecera o máis auténtica posible, así que elixiu varias localizacións nalgúns dos barrios máis problemáticos dos Ánxeles, como pode ser Imperial Courts. Ademais contou co asesoramento técnico de dous policías, Michael Patterson e Paul Lozada.
Día de adestramento | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Training Day |
Director | Antoine Fuqua |
Produtor | Bruce Berman Davis Guggenheim |
Guión | David Ayer |
Intérpretes | Denzel Washington Ethan Hawke Scott Glenn Eva Mendes |
Música | Mark Mancina |
Fotografía | Mauro Fiore |
Montaxe | Conrad Buff IV |
Estudio | Village Roadshow Pictures Outlaw Productions |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 5 de outubro de 2001 18 de maio de 2011 (TVG) |
Duración | 120 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $45 000 000[1] |
Recadación | $104 500 000[1] |
Na rede | |
http://www.trainingday.net | |
Denzel Washington gañou o Oscar ao mellor actor no 2002 por este filme. Ethan Hawke foi candidato ao premio na categoría de mellor actor secundario.
Estreouse en galego na TVG o 18 de maio de 2011.[2]
Sinopse
editarAlonzo Harris, un policía dos Ánxeles moi condecorado pero corrupto, ten como novo compañeiro a Jake Hoyt, un novo axente que desexa chegar a inspector a través da unidade de axentes de estupefacientes. Ás ordes de Alonzo vivirá un auténtico adestramento de vinte e catro horas polas rúas dos Ánxeles.
Personaxes
editar- Denzel Washington como Detective Alonzo Harris
- Ethan Hawke como Oficial Jake Hoyt
- Scott Glenn como Roger
- Tom Berenger como Stan Gursky
- Harris Yulin como Detective Doug Rosselli
- Raymond J. Barry como Capitán Lou Jacobs
- Cliff Curtis como Smiley
- Dr. Dre como Detective Paul
- Snoop Dogg como Blue
- Macy Gray como Muller de Sandman
- Charlotte Ayanna como Lisa Hoyt
- Eva Mendes como Sara
- Nick Chinlund como Detective Tim
- Jaime P. Gomez como Detective Mark
- Raymond Cruz como Sniper
- Noel Gugliemi como Moreno
- Samantha Becker como Letty
- Kyjel N. Jolly como Fillo de Alonzo
- Robert Leon como Veterano
- Seidy Lopez como Dreamer
- Rudy Perez como PeeWee
- Cle "Shaheed" Sloan como Bone
- Abel Soto como Neto
- Denzel Whitaker como Dimitri
- Peter Greene como Jeff
- Terry Crews como Membro gangster
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Training Day". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 7 de agosto de 2014.
- ↑ "Día de adestramento na TVG". Diario Siglo XXI. 16 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Día de adestramento na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllRovi (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)