Clementina Arderiu i Voltas

poeta catalá

Clementina Arderiu i Voltas, nada en Barcelona o 6 de xullo de 1889[1] e finada na mesma cidade o 17 de febreiro de 1976, foi unha poeta catalá. Influenciada pola poesía popular catalá, Josep Carner e Joan Maragall, foi autora dos libros Cançons i elegies (1916), Sempre i ara (1946), co que gañou o premio Joaquim Folguera, És a dir (1959) e L'esperança encara (1969), entre outros.[2]

Infotaula de personaClementina Arderiu i Voltas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Clementina Arderiu Voltas Editar o valor em Wikidata
6 de xullo de 1889 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de febreiro de 1976 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSarrià cementery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarles Riba
FillosOriol Riba i Arderiu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesPau Riba i Romeva (pt) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: 5156966a-dbd6-4b53-8c5c-f3b6989d3377 Editar o valor em Wikidata

Nos seus poemas pódese atopar a influencia de Josep Carner, así como do seu marido, Carles Riba. A súa é unha poesía moi elaborada na que dominan temas como a fe, o amor, a alegría, a condición feminina ou a morte, entre outros. Considérase que os seus poemas tenden a unha idealización da vida cotiá. Foi creadora de goigs (versos populares de carácter relixioso), como Jacint Verdaguer ou Joan Maragall, entre outros. As súas primeiras obras pódense clasificar dentro do Noucentisme, que superou máis adiante coa incorporación de novos elementos.

Formou parte do círculo de mulleres intelectuais e artistas da pintora rusa Olga Sacharoff en Cataluña. Entre elas tamén se atopaban as pintoras Soledad Martínez, Marie Laurencin, Dagoussia e Ángeles Santos, as escultoras Lluïsa Granero e Maria Llimona, ou a escritora Elisabeth Mulder.[3]

Traxectoria editar

 
Tumba de Clementina Arderiu e Carles Riba no cemiterio de Sarrià

Era filla dunha familia de prateiros pola parte paterna e de orixe rural pola materna. Aprendeu o oficio familiar ao tempo que estudaba idiomas, música e piano. Gran afeccionada á lectura, leu desde clásicos até obras en catalán, español, francés, inglés e italiano. Segundo a crítica, o Noucentisme de Carner, os ecos maragallianos e a canción popular ou culta son as principais influencias da súa obra.

Arderiu publicou o seu primeiro poema en 1911 e en 1912 gañou a Flor Natural nos Xogos Florais da Agrupació Excursionista Déu i Pátria. Nesta ocasión coñeceu a Carles Riba, quen xunto cos mozos Josep Maria de Sagarra e Lluís Valeri, comezou a frecuentar a tenda de Arderiu da barcelonesa rúa Avinyó. A relación con Riba impulsou de xeito definitivo a dedicación de Arderiu á literatura.

A Antologia de poetes catalans d'avui de L'Avenç (1913) incluíu algúns poemas de Arderiu. Alexandre Plana tamén os incluíu na Antologia de poetes catalans moderns (1914). Con todo, a poeta consolidouse cos poemarios Cançons i elegies (1916) e L'alta llibertat (1920). Joaquim Folguera (1919) cualificouna como «un caso purísimo de emoción literaria: elexíaca sen debilidade, amorosa sen loucura, gozosa sen arrouto, piadosa sen turbulencias». Arderiu casou en 1916 con Carles Riba e o matrimonio instalouse no barrio de El Putxet. Ao longo dos anos 20 percorreu Italia, Alemaña, Francia e Grecia, e a pegada das viaxes ficou na obra Cants i paraules (1936). Nesa década naceron os seus tres fillos: Oriol, Eulàlia e Jordi.

Durante a guerra, por lealdade aos seus ideais e á xente da Escola de Bibliotecàries (que dependía de Riba), a parella non quixo marchar de Barcelona. En 1938 Clementina gañou o Premio Folguera por Sempre i ara, que non se publicaría até 1946. Catro días antes de a cidade ser ocupada polos sublevados, Arderiu e Riba partiron cara ao exilio no mesmo coche que Josep Pous i Pagès. Tras catro anos en Francia, decidiron vivir no exilio interior e tornaron a Cataluña en 1943. Dende entón, o seu piso da rúa da República Arxentina converteuse nun dos lugares onde se reunía a resistencia cultural ao réxime.

Nove anos despois, Arderiu publicou Poesies completes (1952). En 1955 a parella viaxou á Alemaña Occidental e a Gran Bretaña. Estas viaxes inspiraron os poemas do libro És a dir (1959), galardoado co Premio Óssa Menor (1958) e co Premio Lletra d'Or (1960). Participou con Riba nos congresos poéticos de Segovia (1952), Salamanca (1953) e Compostela (1954), e tamén nas Conversaciones Poéticas de Formentor en 1959. Ese ano finou Riba e Clementina retirouse de toda actividade pública.

O seu último poemario, L'esperança encara, apareceu en 1969, e en 1973 a edición de Obra poètica. Clementina morreu o 17 de febreiro de 1976.

Obra editar

Ligazóns externas editar

Notas editar