Ángeles Santos Torroella

Ángeles Santos Torroella, nada en Portbou o 7 de novembro de 1911 e finada en Madrid o 3 de outubro de 2013,[1] foi unha pintora e artista gráfica española, contemporánea da xeración do 27.[2][3] Iniciada entre o surrealismo e o expresionismo, evolucionou cara ao postimpresionismo con temas de paisaxe e interiores. En 2005 recibiu da Generalitat de Cataluña a Creu de Sant Jordi.

Infotaula de personaÁngeles Santos Torroella
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Portbou, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de outubro de 2013 Editar o valor em Wikidata (101 anos)
Madrid (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona (1933–1934)
Portbou Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , ilustradora , debuxante Editar o valor em Wikidata
MovementoSurrealismo e Las Sinsombrero (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresCellino Perotti (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsRafael Santos Torroella Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Iniciouse no debuxo e na pintura aos catorce anos, durante a súa etapa colexial no internado das Escravas Concepcionistas de Sevilla. Dous anos máis tarde trasladouse cos seus pais a Valladolid, cidade en que recibiu clases do pintor italiano Cellino Perotti e pintou con dezaoito anos Un mundo, óleo de gran formato que representa un estraño planeta surrealista, exposto no Museo Raíña Sofía.

Tras realizar un par de exposición en Valladolid, a súa participación no IX Salón de Outono de Madrid o ano 1929, incrementou a súa fama, o que tivo como consecuencia a publicación de artigos que deron razón da súa pintura (medio expresionista, medio surrealista) da man de intelectuais e críticos como Jorge Guillén, Ramón Gómez de la Serna, Manuel Abril, Juan Ramón Jiménez, Federico García Lorca, Guillermo Díaz-Plaja e Joan Teixidor, entre outros.

En 1931 realizou unha exposición individual en París e nos anos sucesivos participou nas exposicións organizadas pola Sociedad de Artistas Ibéricos en Donostia e Copenhague.[4] Foi invitada a expor na mostra colectiva do Carnegie Institute de Pittsburgh e en 1936 figurou no pavillón español da Bienal de Venecia e na dos Ibéricos en París.

En 1933 trasladouse a Barcelona. Nese período, Santos deixou de pintar, xa sexa por relegar a arte a un segundo plano debido ao seu matrimonio con Emilio Grau Sala e o nacemento do seu fillo Julián,[5] ou, como sinala Mercedes Prado,[6] porque a súa estética, fronte ao noucentisme catalán, entrou en crise tras ser cualificada de dura e pouco amable debido ao seu matiz expresionismo e escuro cromatismo. Debido a iso, cando Santos volveu dedicarse á pintura, esta dulcificouse e abordou temas como o retrato, os interiores urbanos e as paisaxes marítimas da cidade condal, motivos que os críticos contemporáneos lle reprocharon a súa impronta postimpresionista.

Faleceu na súa casa o 3 de outubro de 2013.

Notas editar

  1. "Fallece a los 101 años la pintora Ángeles Santos Torroella". 3 de outubro de 2013. Consultado o 3 de outubro de 2013. 
  2. Belausteguigoitia, Santiago (24 de xaneiro de 2004). "Dos escritoras de la Generación del 27" (en castelán). El País. Consultado o 19 de decembro de 2013. 
  3. Cabré, Mª Ángeles (14 de maio de 2016). "Las ocultas de la generación del 27". La Vanguardia - Culturas. p. 8. 
  4. Pérez Segura, Javier (2003). "La sociedad de artistas ibéricos (1920-1936)". UCM-tesis. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2017. Consultado o 18 de abril de 2017. 
  5. Rivas, F. (1987). Ángeles Santos. Madrid: Cuadernos Guadalimar. ISBN 8485253302. 
  6. Prado, Mercedes (2003). Ángeles Santos. Bilbao: Fundación Bilbao Bizkaia Kutxa. p. 47. ISBN 8495653281. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar