Claudio Magdalena González
Claudio Magdalena González, nado en Vigo cara a 1899 e finado en Monte Porreiro o 17 de abril de 1937, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 Vigo, España |
Morte | 17 de abril de 1937 (37/38 anos) Monte Porreiro, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria editar
Veciño de Pontevedra, electricista, taberneiro e membro destacado de Unión Republicana. Era vicepresidente na sociedade La Viña. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do grupo de persoas armadas que estiveron no goberno civil de Pontevedra. Estivo escapados polos montes do Acibal e do Castelo (Lérez) con Víctor Moldes, Alejandro e Faustino Gama e os irmáns Guillán. Foron perseguidos pola Garda Civil e a Garda Cívica pontevedresa. Claudio foi capturado o 8 de setembro de 1936.[1] Procesado con outros pontevedreses na causa 115/37, foi xulgado polo delito de rebelión en consello de guerra con Manuel Buján, José Acuña, Víctor Moldes, Constantino Gómez e Albino Sánchez o 16 e 17 de febreiro de 1937, e condenado a morte. Foi executado as sete da mañá do 17 de abril, no km 1 da Avenida do Uruguai.[2] Instruíronlle expediente de responsabilidade civil en xullo de 1937,[3] condenándoo a unha multa de 50 pesetas o 26 de marzo de 1940.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
Ligazóns externas editar
- Claudio Magdalena González na páxina web Nomes e Voces.