Manuel Buján Rivas

mestre e político español

Manuel Buján Rivas, nado en Castelló de la Plana, foi un mestre e político español.

Infotaula de personaManuel Buján Rivas
Biografía
NacementoCastelló de la Plana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño de Lérez. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, rematando en 1935.[1] Pertenceu á Casa del Maestro, da que foi vogal.[2] Foi mestre en Vilanova de Arousa en 1936. Militante das Juventudes Socialistas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo no Goberno civil formando parte do Comité de Defensa e formou parte das milicias populares.[3] Posteriormente foi detido. Xulgado polo delito de rebelión en consello de guerra con Víctor Moldes, José Acuña, Claudio Magdalena, Albino Sánchez e Constantino Gómez o 16 e 17 de febreiro de 1937, foi condenado a morte. Foille conmutada a pena na Semana Santa de 1937.[4] Estivo preso no Sanatorio Penitenciario de Segovia, de onde saíu en liberdade condicional en novembro de 1943.[5] Marchou a Arxentina.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 30-10-1935, p. 13.
  2. El Pueblo Gallego, 10-1-1936, p. 12.
  3. Pontevedra, catro días de xullo por Xosé Álvarez Castro
  4. El Diario de Pontevedra, 27-3-1937, p. 2.
  5. BOE, 28-12-1943, p. 2304.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar