Christian Karembeu
Christian Lali Kake Karembeu, nado en Lifou (Nova Caledonia) o 3 de decembro de 1970, é un exfutbolista francés de orixe kanaka. Xogaba de centrocampista defensivo e foi internacional coa selección francesa.
Christian Karembeu | |||
---|---|---|---|
![]() Karembeu no 2014 | |||
Información persoal | |||
Nome | Christian Lali Kake Karembeu | ||
Nacemento | 3 de decembro de 1970 (52 anos) | ||
Lugar de nacemento | Lifou | ||
Altura | 1,77 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1990–1995 | Nantes | 130 | (5) |
1995–1997 | Sampdoria | 62 | (6) |
1997–2000 | Real Madrid | 51 | (1) |
2000–2001 | Middlesbrough | 33 | (4) |
2001–2004 | Olympiakos | 68 | (3) |
2004–2005 | Servette | 12 | (0) |
2005 | Bastia | 7 | (0) |
Selección nacional | |||
1992–2002 | Francia | 53 | (1) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Durante a súa carreira, Karembeu xogou no FC Nantes (1990-1995), no UC Sampdoria (1995-1997), no Real Madrid CF (1997-2000), no Middlesbrough FC (2000-2001), no Olympiakos (2001-2004), no Servette FC (2004-2005) e no SC Bastia (2005). Co equipo español gañou a Champions League no 1998 e no 2000. Foi un dos xogadores claves na consecución do título do 98.
Selección nacionalEditar
Karembeu foi internacional con Francia en 53 ocasións, marcando un só gol. Formou parte da histórica selección do país galo que acadou o triplete do Mundial de 1998, a Eurocopa do 2000 e a Copa Confederacións do 2001. Tamén estivo presente na Eurocopa de 1996.
Ademais, foi nomeado como mellor xogador da OFC en 1995 e 1998. A OFC reúne ás federacións de fútbol de Oceanía.
Vida persoalEditar
O bisavó de Christian Karembeu, procedente de Nova Caledonia, foi un do cento de kanakas que foron levados a París en 1931 e expostos como "caníbales" polos franceses na Exposición colonial internacional de París. Máis tarde os "caníbales" foron intercambiados con Alemaña por algúns crocodilos.[1] Por este motivo e polo pasado colonial francés non cantou nunca no campo o himno francés, A Marsellesa.[2]
Karembeu casou coa modelo eslovaca Adriana Sklenaříková, que coñeceu nunha viaxe de avión.[3] A parella separouse en marzo de 2011 e divorciáronse en decembro de 2012.[4]
PalmarésEditar
ClubEditar
- Nantes
- Ligue 1: 1994–95
- Real Madrid
- UEFA Champions League: 1997–98, 1999–00
- Copa Intercontinental: 1998
- Olympiacos
- Super Liga de Grecia: 2001–02, 2002–03
SelecciónEditar
- Francia
IndividualEditar
- Futbolista do ano de Oceanía: 1995, 1998
NotasEditar
- ↑ Political Football: Lilian Thuram Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Channel 4, consultado: 25 de decembro de 2011
- ↑ "Biografía de Christian Karembeu". Le Figaro (en francés). Consultado o 4 de agosto de 2020.
- ↑ perfectpeople.net (ed.). "Perfect People". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2013. Consultado o 15 de febreiro de 2015.
- ↑ France Today. "France Today". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2015.