Lifou
Lifou ou Drehu no idioma local é a illa máis grande, máis populosa e máis importante das Illas da Lealdade (îles Loyauté) en Nova Caledonia un territorio de ultramar de Francia no Océano Pacífico. Ten unha superficie de 1207´1 Km², e unha altura máxima de 104 m., a súa poboación era de 9.275 habitantes, censo do 2014.
Lifou | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
![]() Mapa da illa | |
Situación | |
País | ![]() ![]() |
Provincia | Provincia das illas da Lealdade |
Arquipélago | Illas da Lealdade |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 20°57′59″S 167°13′58″L / -20.96639, -167.23278Coordenadas: 20°57′59″S 167°13′58″L / -20.96639, -167.23278 |
Xeografía | |
Superficie | 1.207´1 km² |
Longura máxima | 81 km. |
Largura máxima | 16 - 24 km. |
Punto máis alto | 104 m. |
Demografía | |
Capital | We |
Poboación | 9.275 hab. (2014) |
Densidade | 7´7 hab./km² |
Antecedentes Editar
En primeiro lugar descuberto polo francés Dumont d'Urville en 1857,[1] foi pronto visitado polos baleeiros e comerciantes, e converteuse nun destino para os misioneiros protestantes e católicos para salvar ás almas das poboacións locais. En 1864 as illas foron anexadas por Francia, que á súa vez a estableceu como unha reserva aborixe.[2] xa que non se cría adecuada para unha extensa colonización.
Administración Editar
A illa forma parte da comuna (municipio) de Lifou, na provincia das Illas da Lealtade de Nova Caledonia. O centro administrativo da comuna atópase en Wé, no lado leste da illa de Lifou, na baía de Chateaubriand. A moeda local é o franco CFP (Franco francés do Pacífico).[3]
Xeografía Editar
De forma irregular, a illa de Lifou ten 81 km. de longo e de 16 a 24 km. de largo. A illa é plana, sen outeiros ou ríos, pero ten vexetación abundante, densas selvas interiores, chans fértiles, cantíls en socalcos e impresionantes arrecifes e corais.
A illa de Lifou era un antigo atol coralino que formaba parte dun volcán mergullado. Fai case 2 millóns de anos, a illa emerxeu á súa forma e altura actual, hoxe séntase nos 60 m de media sobre o nivel do mar, no seu punto máis alto acada os 104 m.. Posto que non hai ríos en Lifou, a auga provén da choiva que penetra a través do seu chan calcáreo e forma estanques de auga doce.
Alimentación Editar
Coas súas ricas augas do Pacífico os peixes, incluíndo cangrexos, lagostas, e tartarugas atópanse en abundancia, xunto con animais típicos criados como cabras, porcos e polos. Os cultivos inclúen coco, banano, taro, batata, ñame e a vainilla. Mentres que a introdución francesa do cultivo de café permanece.
Economía Editar
O turismo é unha industria importante na illa. As principais exportacións inclúen copra, caucho, vainilla e cana de azucre.
Cultura Editar
O termo Kanak[4] utilízase para chamar aos nativos das illas e a súa lingua materna da illa é o Drehu, descenden dos melanesios e polinesios.[3] Cun total de 19 tribos diversas que habitan as tres illas da lealdade, seis das cales están en Lifou.
Notas Editar
- ↑ "Lifou, an island of many faces". www.iles-loyaute.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2012.
- ↑ "Discover Lifou". en.newcaledonia-tv.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Lifou, Loyalty Island". www.royalcaribbean.com. Consultado o 25 de setembro de 2012.
- ↑ "New Caledonia". www.everyculture.com/. Consultado o 25 de setembro de 2012.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lifou |