Christiaan Eijkman

médico neerlandés

Christiaan Eijkman, nado en Nijkerk, Países Baixos, o 11 de agosto de 1858 e finado en Utrecht, Países Baixos, o 5 de novembro de 1930, foi un fisiólogo neerlandés.

Christiaan Eijkman
Nobel prize medal.svg
Christiaan Eijkman.jpg
Datos persoais
Nacemento11 de agosto de 1858
LugarNykerk (Países Baixos)
Falecemento5 de novembro de 1930, 72 anos
LugarUtrecht (Países Baixos)
SoterradoDriehuis Velsen Crematorium
ResidenciaAustria, Suecia
NacionalidadeNeerlandesa
Actividade
CampoMedicina
Alma máterUniversidade de Ámsterdam e Instituto Pasteur
Director de teseThomas Place
Contribucións e premios
Coñecido porPolas súas investigacións sobre as enfermidades por carencias na dieta
PremiosPremio Nobel de Medicina (1929)
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1875 empezou os seus estudos de medicina na Escola Médica Militar da Universidade de Amsterdam, obtendo a licenciatura e converténdose en oficial médico militar. De 1879 a 1881, foi asistente de fisioloxía na devandita universidade. En 1883 trasladouse a Sumatra e, dous anos máis tarde, a Xava, onde foi contaxiado de paludismo, o que fixo que regresase a Holanda. Xa en Europa, traballa aspectos relacionados coa bacterioloxía con Robert Koch na Universidade de Berlín.

Durante a súa estancia en Xava (de 1886 a 1897), descubriu que as galiñas alimentadas con arroz sen casca desenvolvían polineuritis (enfermidade similar ó beriberi), en tanto que as que o comían con casca permanecían sas, chegando á conclusión de que a enfermidade podía deberse á falta de certas substancias non coñecidas, que máis tarde serían chamadas vitaminas. Este traballo de investigación, o primeiro dos realizados sobre as enfermidades por carencias na dieta, levou máis tarde ó descubrimento da vitamina B1 (tiamina).

Por estes descubrimentos, foi galardoado en 1929 co Premio Nobel de Medicina, compartido con sir Frederick Gowland Hopkins.

De regreso ó seu país, entre 1898 e 1928 foi profesor na Universidade de Utrecht.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar