Quirocéntridos
Quirocéntridos Chirocentridae Rango fósil: Eoceno - Actualidade[1] | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chirocentrus dorab | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
A dos quirocéntridos (Chirocentridae) é unha pequena familia de peixes osteíctios da orde dos clupeiformes.

Comprende tan só un xénero con dúas especies mariñas relacionadas cos arenques.
Taxonomía
editarDescrición
editarFamilia
editarA familia foi descrita en 1849 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.[2]
Xénero
editarO xénero fora descrito en 1816 polo naturalista francés Georges Cuvier.[3]
Especies
editarComo quedou dito, o xénero conta dó con dúas especies:[3]
- Chirocentrus dorab (Forsskål, 1775), que habita en augas costeiras cálidas desde o Mar Vermello até o Xapón e Australia.
- Chirocentrus nudus Swainson, 1839, que vive nun rango similar. (Esta especie é difícil de distinguir de C. dorab; a primeira ten unha marca negra na súa aleta dorsal). Tamén se sabe que esta especie come cangrexos, ademais da súa dieta habitual de peixes máis pequenos).
Características
editarAmbas as especies teñen corpos alongados e mandíbulas con dentes longos e afiados que facilitan o seu apetito voraz, principalmente para comer outros peixes.[4]
Ambas as especies alcanzan unha lonxitude de 1 m. Teñen os costados prateados e as costas azuladas.
Péscanse comercialmente, e comercialízanse frescos ou conxelados.
Notas
editar- ↑ Sepkoski, Jack (2002). "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 364: 560. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2009. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ Chirocentridae Bleeker, 1849 no WoRMS. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Chirocentrus Cuvier, 1816 no WoRMS. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ Nelson, Gareth (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-1254-7665-5, p. 94.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.
- Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2011): "Chirocentridae" en FishBase.